choque
(< chocar)
-
-
s
m
Acción e efecto de 2 chocar.
-
choque elástico
[FÍS]
Interacción entre dous corpos materiais, que non altera o seu estado interno, con conservación da enerxía total e da cantidade de movemento do sistema formado polos dous corpos que interaccionan.
-
choque inelástico
[FÍS]
Interacción entre dous corpos materiais nos que se produce unha alteración do estado interno dalgún dos corpos que interaccionan.
-
s
m
-
-
s
m
[PAT]
Situación clínica transitoria, na que, por mor da existencia dun volume de sangue circulante insuficiente ou dunha distribución anormal do consumo cardíaco, a perfusión sanguínea dos tecidos diminúe ata valores inferiores ás necesidades mínimas para un metabolismo oxidativo. Os criterios clínicos para a súa diagnose son o aspecto do paciente, con signos de insuficiente irrigación periférica, o descenso da tensión arterial, con taquicardia e pulso feble, a diminución da función renal, náuseas e sede. Os factores etiolóxicos pódense agrupar en: hipovolémicos (hemorraxias, traumatismos, grandes queimaduras ou deshidratación), cardioxénicos (embolia pulmonar, taponamento cardíaco, infarto de miocardio, pneumotórax, fístula arteriovenosa ou miocardite), sépticos (exotoxinas ou endotoxinas) e neuroxénicos (reflexos vasovagais ou parálise dos vasoconstrictores). Unha vez iniciado o choque, o organismo responde cunha reacción compensadora que orixina unha diminución do retorno venoso coa consecuente caída do volume cardíaco que, finalmente, pecha o círculo vicioso do choque.
-
choque anafiláctico
[PAT]
Aparición violenta dunha síndrome moi grave que se presenta como consecuencia dunha reacción antíxeno-anticorpo, que se produce cando un organismo volve a expoñerse a un antíxeno ao que se sensibilizara con anterioridade. Caracterízase por diminución da presión sanguínea, dificultades na respiración e fallos cardíacos, entre outros síntomas.
-
choque en cúpula
[PAT]
ariedade de choque da punta do corazón que se atopa na hipertrofia do ventrículo esquerdo. Ao realizar unha palpación coa man, nótase a sensación de que unha bóla ou un globo duro vén chocar con ela.
-
s
m
[PAT]
-
choque eléctrico
[MED]
electrochoque.
-
choque emocional
[PSIC]
Proceso e estado afectivo caracterizado por unha emoción repentina e relativamente breve. De carácter xeralmente agudo, determínase pola irrupción brusca e inesperada, na vida da persoa, dun elemento, a miúdo negativo pero tamén positivo, que modifica a existencia propia de xeito que resulta difícil adaptarse.