Chorda
Chorda
[PROTISTA]
Xénero de algas pardas de talo cartilaxinoso, que acada os 5 m de lonxitude, de cor castaña escura, cilíndrico, sen ramificacións e de ata 5 mm de diámetro. A especie C. filum vive no infralitoral, entre os 2 e os 20 m, fixada ao substrato, pedras e cunchas, por medio dun disco moi pequeno. Empregouse en Francia para facer cordas e en Xapón consómese en ensalada. Recibe as denominacións populares de cinta e rabiza.