chorar

chorar

(< lat plorāre ‘chorarintesamente’)

  1. v i

    Botar lágrimas por mor dalgunha emoción, dunha dor ou doutra cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A onde todos van chorando, non debes ir cantando. Ben pode chorar o que non se pode consolar. Cando choran as pedras de Xallo, temos orballo. Chorar a boca pechada é como non chorar nada. Chorar a boca pechada, pra que non o seipan os que non lle importa nada. Chorar con testigos, pra cumprir cos amigos. Moitas cousas un chora das que dispois se ri e se mofa. O que chora, as súas penas afoga.O neno chora polo seu ben, i o vello polo seu mal. Quen vai chorando non vai rezando nin vai cantando. Se o neno se bota a chorar, acáleo súa nai; e se non quere calar, déixeo chorar”.

    Ex: Choraba porque lle doía moito. Chóranme os ollos por causa da alerxia.

    Sinónimos: bagoar. Antónimos: rir.
  2. v i

    Arrepentirse por algunha cousa. Ex: Aínda que sabía que non lle deixaban facelo, saíu pola noite e despois chorou durante toda a semana.

    Ex: Aínda que sabía que non lle deixaban facelo, saíu pola noite e despois chorou durante toda a semana.

  3. v i

    Queixarse algúen, especialmente un neno, aínda que non deite bágoas.

  4. v i

    Botar zume unha planta cando se corta e aínda está activa.

  5. v i

    Pedir ou rogarlle algunha cousa a alguén con insistencia. Na tradición oral recóllense ditos como: “ O que non chora non mama”. Ex: Choroulle no comercio, pero non lle rebaixaron o prezo.

    Ex: Choroulle no comercio, pero non lle rebaixaron o prezo.

  6. v t
    1. Manifestar un sentimento de tristeza. Na tradición oral recóllense ditos como: “Sempre é de chorar o que estivo ben e veu a mal”.

      Ex: Choran a súa mala sorte.

    2. Laiar a morte dunha persoa.

  7. v t

    Dar ou botar dunha cousa a menor cantidade posible. Ex: Non creo que nos convide nin no seu aniversario, porque chora moito os cartos. Choroulle os materiais a obra e agora éntralle a auga no piso.

    Ex: Non creo que nos convide nin no seu aniversario, porque chora moito os cartos. Choroulle os materiais a obra e agora éntralle a auga no piso.

Frases feitas

  • Agora xa foi, Marica non chores. Expresa que algunha cousa xa non ten solución.

  • 2 Lamentarse.

  • Chorar a boca pechada. Calar.

  • Chorar a fío/ás cuncas/a rego/como unha veiga tallada/os sete chorares. Chorar inensamente.

  • Chorar auga a fío. Chover sen parar.

  • Chorar bágoas de sangue. Lamentar unha gran desgracia, na que hai mortes polo medio.

  • Chorar catro bágoas/como unha Madalena. Chorar moito.

  • Chorar cun ollo e rir co outro. Non ser grave a razón pola que se chora ou rir e chorar ao mesmo tempo.

  • Chorar lástimas. 1 Esaxerar as desgracias.

  • Chorar para descansar. Desafogarse.

  • Facer chorar as pedras (máis duras). Conmover.

  • Quen te/vos chora! Aplícase a quen non lle falta de nada.

Refráns

  • Amaina a pena chorar a causa dela.
  • Chorar a boca pechada e coma non chorar nada.
  • Chorar coa boca pechada, para que os veciños non saiban nada.
  • Chorar con testigos, para cumprir cos amigos.
  • Choros de vellas fan chorar as pedras.
  • O neno chora polo seu ben e o vello polo seu mal.
  • O que chora, as súas penas afoga.
  • Quen vai chorando non vai rezando nin vai cantando.
  • Se o neno se bota a chorar, acáleo súa nai e, se non quere calar, déixeo chorar.

Palabras veciñas

chor | chorada | choradeira | chorar | Chorda | choremia | Chorente
Conxugar
VERBO chorar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
choro
choras
chora
choramos
chorades
choran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
choraba
chorabas
choraba
chorabamos
chorabades
choraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chorei
choraches
chorou
choramos
chorastes
choraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chorara
choraras
chorara
choraramos
chorarades
choraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chorarei
chorarás
chorará
choraremos
choraredes
chorarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
choraría
chorarías
choraría
chorariamos
chorariades
chorarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chore
chores
chore
choremos
choredes
choren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chorase
chorases
chorase
chorasemos
chorasedes
chorasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chorar
chorares
chorar
chorarmos
chorardes
choraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
chora
-
-
chorade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chorar
chorares
chorar
chorarmos
chorardes
choraren
Xerundio chorando
Participio chorado
chorada
chorados
choradas