chorar
(< lat plorāre ‘chorarintesamente’)
-
v i
Botar lágrimas por mor dalgunha emoción, dunha dor ou doutra cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A onde todos van chorando, non debes ir cantando. Ben pode chorar o que non se pode consolar. Cando choran as pedras de Xallo, temos orballo. Chorar a boca pechada é como non chorar nada. Chorar a boca pechada, pra que non o seipan os que non lle importa nada. Chorar con testigos, pra cumprir cos amigos. Moitas cousas un chora das que dispois se ri e se mofa. O que chora, as súas penas afoga.O neno chora polo seu ben, i o vello polo seu mal. Quen vai chorando non vai rezando nin vai cantando. Se o neno se bota a chorar, acáleo súa nai; e se non quere calar, déixeo chorar”.
Ex: Choraba porque lle doía moito. Chóranme os ollos por causa da alerxia.
Sinónimos: bagoar. Antónimos: rir. -
v i
Arrepentirse por algunha cousa. Ex: Aínda que sabía que non lle deixaban facelo, saíu pola noite e despois chorou durante toda a semana.
Ex: Aínda que sabía que non lle deixaban facelo, saíu pola noite e despois chorou durante toda a semana.
-
v i
Queixarse algúen, especialmente un neno, aínda que non deite bágoas.
-
v i
Botar zume unha planta cando se corta e aínda está activa.
-
v i
Pedir ou rogarlle algunha cousa a alguén con insistencia. Na tradición oral recóllense ditos como: “ O que non chora non mama”. Ex: Choroulle no comercio, pero non lle rebaixaron o prezo.
Ex: Choroulle no comercio, pero non lle rebaixaron o prezo.
-
v t
-
Manifestar un sentimento de tristeza. Na tradición oral recóllense ditos como: “Sempre é de chorar o que estivo ben e veu a mal”.
Ex: Choran a súa mala sorte.
-
Laiar a morte dunha persoa.
-
-
v t
Dar ou botar dunha cousa a menor cantidade posible. Ex: Non creo que nos convide nin no seu aniversario, porque chora moito os cartos. Choroulle os materiais a obra e agora éntralle a auga no piso.
Ex: Non creo que nos convide nin no seu aniversario, porque chora moito os cartos. Choroulle os materiais a obra e agora éntralle a auga no piso.
Frases feitas
-
Agora xa foi, Marica non chores. Expresa que algunha cousa xa non ten solución.
-
2 Lamentarse.
-
Chorar a boca pechada. Calar.
-
Chorar a fío/ás cuncas/a rego/como unha veiga tallada/os sete chorares. Chorar inensamente.
-
Chorar auga a fío. Chover sen parar.
-
Chorar bágoas de sangue. Lamentar unha gran desgracia, na que hai mortes polo medio.
-
Chorar catro bágoas/como unha Madalena. Chorar moito.
-
Chorar cun ollo e rir co outro. Non ser grave a razón pola que se chora ou rir e chorar ao mesmo tempo.
-
Chorar lástimas. 1 Esaxerar as desgracias.
-
Chorar para descansar. Desafogarse.
-
Facer chorar as pedras (máis duras). Conmover.
-
Quen te/vos chora! Aplícase a quen non lle falta de nada.
Refráns
- Amaina a pena chorar a causa dela.
- Chorar a boca pechada e coma non chorar nada.
- Chorar coa boca pechada, para que os veciños non saiban nada.
- Chorar con testigos, para cumprir cos amigos.
- Choros de vellas fan chorar as pedras.
- O neno chora polo seu ben e o vello polo seu mal.
- O que chora, as súas penas afoga.
- Quen vai chorando non vai rezando nin vai cantando.
- Se o neno se bota a chorar, acáleo súa nai e, se non quere calar, déixeo chorar.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles choro
choras
chora
choramos
chorades
choran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles choraba
chorabas
choraba
chorabamos
chorabades
choraban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chorei
choraches
chorou
choramos
chorastes
choraron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chorara
choraras
chorara
choraramos
chorarades
choraran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chorarei
chorarás
chorará
choraremos
choraredes
chorarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles choraría
chorarías
choraría
chorariamos
chorariades
chorarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chore
chores
chore
choremos
choredes
choren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chorase
chorases
chorase
chorasemos
chorasedes
chorasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chorar
chorares
chorar
chorarmos
chorardes
choraren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
chora
-
-
chorade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chorar
chorares
chorar
chorarmos
chorardes
choraren
chorada
chorados
choradas