"AIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 96.

  • CAPITAIS

    Capital do departamento Norte, en Haiti, situada na costa setentrional (100.638 h [estim 1995]). A súa principal actividade económica é a agricultura, con produción de cacao e café principalmente. Fundada en 1670 polos franceses, foi capital da colonia ata 1770. Henri Christopher deulle o nome de Cabo Henri e converteuna en capital do seu reino (1811-1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘zoca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo rupestre característico da arte da India. Segue a estrutura da stupa e consta de tres naves, as laterais coa función de deambulatorio, e unha ábsida que funciona como cabeceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta da orde das caitoniais.

    2. Orde de pteridospermas constituída por plantas que viviron durante o Mesozoico, de follas palmicompostas e folíolos lanceolados. Os microsporófilos pinnados dan poliñas que comprenden entre 3 e 6 sacos polínicos. Os macrosporófilos, de orixe foliar, teñen forma de palma e dan lateralmente unhas cápsulas con ata 30 primordios seminais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caraítas.

    2. Membro da seita caraíta.

    3. Secta xudía que proclama a libre interpretación da Biblia e rexeita a tradición rabínica e oral (Mišna e Talmud). O movemento xurdiu en Persia no s VIII con ‘Anan ben Dawid. Os seus seguidores chamáronse ananitas. A súa doutrina consolidouna Binyamin de Nähāvänd (s IX), autor do primeiro libro de observancia, que lle outorgou o nome definitivo de caraísmo (do hebreo qara’, ‘recitar’). Famosos pola austeridade dos seus costumes e pola observancia estrita das prescricións da Biblia, os caraítas, que sufriron os ataques do xudaísmo ortodoxo, estendéronse de Persia a Palestina e, logo da toma de Xerusalén (1099), emigraron a Exipto; de alí expandíronse por todo o mundo islámico e polos países eslavos. Desde os s XIX habitan, na súa maioría, (5.900 individuos en 1961) en Rusia, Ucraína (na península de Crimea) e Lituania; o resto vive en Israel, na colonia de Matsliah, aínda que manteñen continuamente conflitos coas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico e reformador hindú. Fundou unha seita vaihnava moi popular en Bengala e Orissa, e propagou unha devoción extremadamente emotiva a Kri ṣ hna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cordaitáceas.

    2. Planta da familia das cordaitáceas.

    3. Familia de plantas da orde das cordaitais que pertence ao xénero Cordaites.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cordaitais.

    2. Planta da orde das cordaitais.

    3. Orde de plantas da clase das coniferópsidas que engloba as familias das cordaitáceas, das poroxiláceas e das eristofitáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas arbóreas da familia das cordaitáceas, que existiron ao final da era primaria. Acadaban os 40 m de altura e eran propias de terreos pantanosos onde formaban grandes bosques. Deixaron numerosos restos fósiles nas concas hulleiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cordaitinas.

    2. Planta da clase das cordaitinas.

    3. Clase de ximnospermas constituída por plantas que existiron durante os períodos Pérmico e Carbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mitolóxico de Lesbos. Co seu irmán, Tiestes, enxendrou un fillo a partir dun ovo. O rapaz, que se chamaría Enorques, erixiu un templo en honor a Dionisio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Ōsaka, na illa de Honshū, Xapón (126.558 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical que xurdiu en Londres en 1977 cando Mark Knopfler e Pick Whiters deciden crear unha agrupación xunto con David Knopfler e John Illsley. En xuño dese ano gravaron unha maqueta cos temas Wild West End, Water Of Love, Sacred Loving e Sultans Of Swing e debutaron o 9 de xullo no Farrar House baixo o nome The Café Racers, antiga formación de M. Knopfler. Posteriormente, adoptaron o nome de Dire Straits e presentáronse ao público a finais de mes no Albany Theatre de Deptford. O 9 de decembro de 1977 asinaron o seu contrato con Phonogram e entre xaneiro e febreiro de 1978 actuaron como primeiros invitados do grupo Talking Heads nas súas actuacións en Reino Unido. Co abandono de David Knopfler, incorporáronse ao grupo Hal Lindes e Alan Clark, e esporadicamente colaboraron J. Pastorius e mais J. Zawinul. Da súa discografía destacan Dire Straits (1978), Communiqué (1979), Making Movies (1980), Love Over Gold...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta lituano. Iniciador da literatura no seu país, describiu a vida dos labregos dun xeito realista. Consérvanse da súa obra seis fábulas e o poema Metai (As estacións do ano, 1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ebla ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da antiga cidade de Ebla.

    3. Antiga lingua semítica falada en Ebla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Turmalina de litio, de fórmula Na(Li,Al)3Al6 (BO3)3Si6O18(OH)4. Cristaliza no sistema hexagonal e preséntase en cristais prismáticos columnares ou aciculares. Ten unha dureza de 7-7,5. De orixe hidrotermal, localízase en granitos e gneises. Segundo a coloración, distínguese entre: verdelita, de cor verde; rubelita, de cor avermellada; e indigolita, de cor azul. Ten propiedades piezoeléctricas, polo que se emprega na fabricación de calibradores de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Haití (1811-1820). De nome Enrique Christophe, participou nas primeiras revoltas negras na illa de La Española e na defensa do Cap-Haïtien. Xeneral do exército haitiano, planeou xunto a Alexandre Pétion o asasinato do Emperador Jean-Jacques Dessalines en 1804. Proclamouse presidente de Haití do Norte en 1807 e iniciou unha guerra civil contra os partidarios de A. Pétion.

    VER O DETALLE DO TERMO