caraíta
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos caraítas.
-
s
[RELIX]
Membro da seita caraíta.
-
s
m pl
[RELIX]
Secta xudía que proclama a libre interpretación da Biblia e rexeita a tradición rabínica e oral (Mišna e Talmud). O movemento xurdiu en Persia no s VIII con ‘Anan ben Dawid. Os seus seguidores chamáronse ananitas. A súa doutrina consolidouna Binyamin de Nähāvänd (s IX), autor do primeiro libro de observancia, que lle outorgou o nome definitivo de caraísmo (do hebreo qara’, ‘recitar’). Famosos pola austeridade dos seus costumes e pola observancia estrita das prescricións da Biblia, os caraítas, que sufriron os ataques do xudaísmo ortodoxo, estendéronse de Persia a Palestina e, logo da toma de Xerusalén (1099), emigraron a Exipto; de alí expandíronse por todo o mundo islámico e polos países eslavos. Desde os s XIX habitan, na súa maioría, (5.900 individuos en 1961) en Rusia, Ucraína (na península de Crimea) e Lituania; o resto vive en Israel, na colonia de Matsliah, aínda que manteñen continuamente conflitos coas autoridades rabínicas do estado.