carafuncho

carafuncho

(< carbúnculo, cruzada confuruncho)

s m [PAT]

Inflamación infecciosa circunscrita da pel, localizada nun folículo piloso. Caracterízase por unha tumefacción acuminada e por unha pequena lesión provocada pola necrose da pel, que contén os restos do aparello piloso-sebáceo. Os axentes causantes habituais son estafilococos pióxenos.

Ex: Tivérono que operar dun carafuncho que tiña no pescozo.

Sinónimos

Confrontacións

carbuncho, nacida

Citas

  • Tivérono que operar dun carafuncho que tiña no pescozo.