carbuncho
carbuncho
(
-
s
m
[PAT/VETER]
Enfermidade infecciosa producida pola bacteria Bacillus anthracis, que se manifesta habitualmente como un tumor inflamatorio na pel, de consistencia dura e coloración vermella, que se ulcera na súa parte central ou ocasiona unha carapola negra. Pode atacar o pulmón ou os ganglios linfáticos e chegar a ser mortal. O contaxio no home pode ser directo, a través dos animais, ou por inxestión de carne mal cociñada.
Sinónimos: carbúnculo, nacida. Confrontacións: carafuncho. -
carbuncho sintomático
[VETER]
Doenza infecciosa, febril e aguda, moi mortífera, que afecta ao gando vacún e ao ovino, e que está ocasionada pola bacteria Clostridium chauvosi. Caracterízase pola formación de tumefaccións enfisematosas localizadas nas masas musculares máis voluminosas. É unha doenza que non se transmite ao ser humano.
Sinónimos: carbúnculo.