"APA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema concebido para evitar que as rodas dun vehículo cheguen a patinar ao aplicarlle un esforzo de freada superior ao que lle permite a súa adherencia ao chan. O sistema actúa sobre o esforzo de freada aplicado a cada roda mediante un sinal electrónico de mando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se atribúe a autoridade propia do Papa mediante medidas irregulares, e que chega a ser competidor do lexítimo Papa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación na que se organizan e se representan os pais dos alumnos matriculados nun centro docente. Caracterízase pola organización de actividades educativas complementarias e pola contribución á interrelación dos diversos estamentos que integran unha comunidade educativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos dialectos prácritos desenvolvidos entre os ss VI e X ( prácrito).
-
-
Poñer o gando a pacer.
-
Instruír a alguén intelectualmente.
-
-
-
Pobo de América do Norte, de fala atapascana, que a finais do s XV vivía na área cultural do S-O (actual Arizona e Novo México) como recolector. No curso dos dous séculos seguintes aprenderon a doma do cabalo e convertéronse en grandes cazadores e temidos guerreiros. A finais do s XIX, vencidos e dezmados, entraron en distintas reservas dispostas polo goberno dos EE UU. Posteriormente, algúns xefes (Cochise, Vitorio e Xerome) rebeláronse, pero foron derrotados. Pertencen aos apaches os mescaleiros, os chiricahues e os kiowa-apaches. Na actualidade (1999) superan o número de 10.000 individuos.
-
Denominación aplicada, dende finais do s XIX, a individuos dos baixos fondos de París e doutras poboacións francesas que practicaban o roubo, o asalto nocturno e a miúdo o proxenetismo. O nome vén dado polas tatuaxes que adoitaban lucir, semellantes ás dos indios apaches.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comprimir, apertar algo, especialmente o chan cando a terra está solta.
-
-
Que produce sensación de pracer ou deleite.
-
Que está en calma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sala do trono dos palacios dos reis persas aqueménidas, polo xeral hipóstila e con columnas coroadas por capiteis formados por prótomos de touros. As de máis sona son as de Persépolis e Susa.
-
-
de apadriñar.
-
Que é apoiado ou axudado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de apadriñar.
-
-
Realizar a función de padriño con algo ou alguén, na cerimonia relixiosa ou nun acto público.
-
Prestar axuda ou apoio a algo ou alguén.
-
-
-
Bater violentamente nunha persoa ata matala ou deixala gravemente ferida.
-
Forzar unha muller, violala.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode apagar.
-
-
de apagar.
-
Que presenta pouco ánimo ou intensidade.
-
-
-
Que apaga.
-
Utensilio para apagar as luces.
-
Cada unha das pequenas pezas de madeira forradas que ten o piano, as cales, ao estaren en contacto coas cordas, non impiden a vibración, mentres os dedos, actuando enriba das teclas, ou ben do pedal xeral, non lles fan afastar da súa posición habitual.
-
Dispositivo que apaga o arco nun interruptor e onde se atopan ás veces os contactos auxiliares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de apagar ou apagarse.
-
-
Facer cesar o lume ou a luz.
-
Diminuír o brillo ou a intensidade dunha cor.
-
Facer desaparecer sensacións, desexos ou sentimentos.
-
Cesar a luz ou o lume.
-
Facer desaparecer sensacións, desexos ou sentimentos.
-
Provocar un astro a eclipse doutro.
-
Converter o cal vivo en cal morto botándolle auga.
-
Facer que as velas saquen o vento que as infla pregándoas.
-
Opción de menú do sistema operativo Mac OS coa cal se pecha este ao mesmo tempo que se interrompe o funcionamento do ordenador no que está instalado.
-
Opción de menú do sistema operativo Windows que implica pechar este e coa cal queda acendido, sen embargo, o ordenador no que aquel está instalado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo dunha embarcación usado para amarrar as velas na súa verga ou botavara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liña de luz intensa e momentánea producida polo raio.