apagar
(< lat ad ‘a’ + pacāre‘calmar, mitigar’)
-
v t
Facer cesar o lume ou a luz.
Ex: Apaga o cigarro ben non vaias queimar algo. Apaga a luz durante uns minutos e poderás ver as estrelas brillar no ceo.
Sinónimos: matar. Antónimos: acender, prender. Confrontacións: extinguir, sufocar. -
v t
Diminuír o brillo ou a intensidade dunha cor.
-
v t
Facer desaparecer sensacións, desexos ou sentimentos.
Ex: Para apagar o seu ánimo necesitamos moita paciencia.
Sinónimos: disipar, esvaer. Antónimos: avivar. -
v pron
Cesar a luz ou o lume.
Ex: Apagouse o forno e agora non sei acendelo correctamente. O lume apagouse con tanta auga que lle botaches.
-
v pron
Facer desaparecer sensacións, desexos ou sentimentos.
Ex: A vitalidade apágase co correr dos anos. Apagouse a dor e agora xa non sinto nada.
-
v t
Provocar un astro a eclipse doutro.
Ex: A luz do Sol apaga a das estrelas.
Sinónimos: eclipsar. -
v t
Converter o cal vivo en cal morto botándolle auga.
Sinónimos: matar. -
v t
[MAR]
Facer que as velas saquen o vento que as infla pregándoas.
-
apagar equipo
[INFORM]
Opción de menú do sistema operativo Mac OS coa cal se pecha este ao mesmo tempo que se interrompe o funcionamento do ordenador no que está instalado.
-
apagar o sistema
[INFORM]
Opción de menú do sistema operativo Windows que implica pechar este e coa cal queda acendido, sen embargo, o ordenador no que aquel está instalado.
Frases feitas
-
Apagar a sede. Saciarse de beber.
-
Apagárselle os aires. Acabárselle a alguén o orgullo.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apago
apagas
apaga
apagamos
apagades
apagan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apagaba
apagabas
apagaba
apagabamos
apagabades
apagaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apaguei
apagaches
apagou
apagamos
apagastes
apagaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apagara
apagaras
apagara
apagaramos
apagarades
apagaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apagarei
apagarás
apagará
apagaremos
apagaredes
apagarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apagaría
apagarías
apagaría
apagariamos
apagariades
apagarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apague
apagues
apague
apaguemos
apaguedes
apaguen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apagase
apagases
apagase
apagasemos
apagasedes
apagasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apagar
apagares
apagar
apagarmos
apagardes
apagaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
apaga
-
-
apagade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apagar
apagares
apagar
apagarmos
apagardes
apagaren
apagada
apagados
apagadas