matar
(< lat v mattāre
-
v t
Quitar a vida a unha persoa, animal ou planta.
Ex: O ladrón matou o empregado do bar cunha navalla.
Confrontacións: asasinar. -
v t
Apagar a luz ou o lume.
Ex: Matou a fogueira cun caldeiro de auga.
Antónimos: acender. Confrontacións: extinguir, sufocar. -
v t
Facer desaparecer a fame ou a sede.
Ex: Matou a fame cun anaco de pan.
Confrontacións: saciar. -
v t
Quitar a saúde ou a tranquilidade.
Ex: A ti o que te mata é traballar tanto.
-
v t
Provocar cansazo ou esgotamento.
Ex: O xefe mátaos con traballo. Vou durmir que me mata o sono.
-
v t
Facer desaparecer a esperanza ou a ilusión.
Ex: Aquel desengano matoulle a fe que tiña posta nel.
-
v t
Sorprender a alguén con algo.
Ex: Esa nena mátanos coas súas ocorrencias.
-
v t
Ocupar o tempo en algo.
Ex: Mata as horas paseando e lendo.
-
v t
Facer diminuír o brillo ou a cor de algo.
Ex: Frega tanto o piso que xa lle matou o brillo.
-
v t
[CONSTR]
Apagar o cal ou o xeso con auga.
-
v t
[CONSTR]
Facer redondeada unha esquina, unha punta ou unha aresta.
-
v t
Botar, nos xogos de cartas, un naipe superior ao do contrario, gañando así a baza.
-
v pron
Quitarse alguén a vida.
Ex: Matouse colgándose dunha viga.
Confrontacións: morrer. -
v pron
Perder alguén a vida.
Ex: Matouse nun accidente laboral.
Sinónimos: morrer. -
v pron
Traballar alguén moito e con afán e interese.
Ex: Non te mates moito a facer o que che pediron, porque non cho van agradecer nada.
-
v pron
Facer grandes esforzos por algo ou por alguén. OBS: Emprégase seguido da prep por.
Ex: Matouse por sacar a familia adiante.
Frases feitas
-
Estar/Levarse a matar. Levarse moi mal dúas ou máis persoas. Ex: Lévase a matar con todos os veciños.
-
Matarse vivo. Esforzarse moito por conseguir ou facer algo. Ex: Matouse viva por acabar a carreira.
-
Nin que o (me, te,...) maten. De ningún xeito. Ex: Non lle pido un favor nin que me maten.
-
Un mata e outro esfola. Expresa que dúas persoas teñen gran semellanza, en especial en algo negativo. Ex: Xan e María son mozos, e non che me estraña nada: un mata e o outro esfola.
-
Poñerse a matar. Comezar dúas ou máis persoas a levarse mal. Ex: Puxéronse a matar por un problema sen importancia.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mato
matas
mata
matamos
matades
matan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mataba
matabas
mataba
matabamos
matabades
mataban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles matei
mataches
matou
matamos
matastes
mataron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles matara
mataras
matara
mataramos
matarades
mataran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles matarei
matarás
matará
mataremos
mataredes
matarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mataría
matarías
mataría
matariamos
matariades
matarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mate
mates
mate
matemos
matedes
maten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles matase
matases
matase
matasemos
matasedes
matasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles matar
matares
matar
matarmos
matardes
mataren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
mata
-
-
matade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles matar
matares
matar
matarmos
matardes
mataren
matada
matados
matadas