Matarâm
Matarâm
Antigo reino do centro de Xava, fundado a finais do s VIII, onde os budistas Sailendra construíron numerosos monumentos. O Sultanato de Matarâm, fundado en 1508, dominou a illa desde o s XVI ata o s XVII que, pola competencia da Compañía Holandesa das Indias Orientais, desapareceu en 1775.