matar

matar

(< lat v mattāre

  1. v t

    Quitar a vida a unha persoa, animal ou planta.

    Ex: O ladrón matou o empregado do bar cunha navalla.

    Confrontacións: asasinar.
  2. v t

    Apagar a luz ou o lume.

    Ex: Matou a fogueira cun caldeiro de auga.

    Antónimos: acender. Confrontacións: extinguir, sufocar.
  3. v t

    Facer desaparecer a fame ou a sede.

    Ex: Matou a fame cun anaco de pan.

    Confrontacións: saciar.
  4. v t

    Quitar a saúde ou a tranquilidade.

    Ex: A ti o que te mata é traballar tanto.

  5. v t

    Provocar cansazo ou esgotamento.

    Ex: O xefe mátaos con traballo. Vou durmir que me mata o sono.

  6. v t

    Facer desaparecer a esperanza ou a ilusión.

    Ex: Aquel desengano matoulle a fe que tiña posta nel.

  7. v t

    Sorprender a alguén con algo.

    Ex: Esa nena mátanos coas súas ocorrencias.

  8. v t

    Ocupar o tempo en algo.

    Ex: Mata as horas paseando e lendo.

  9. v t

    Facer diminuír o brillo ou a cor de algo.

    Ex: Frega tanto o piso que xa lle matou o brillo. 

  10. v t [CONSTR]

    Apagar o cal ou o xeso con auga.

  11. v t [CONSTR]

    Facer redondeada unha esquina, unha punta ou unha aresta.

  12. v t

    Botar, nos xogos de cartas, un naipe superior ao do contrario, gañando así a baza.

  13. v pron

    Quitarse alguén a vida.

    Ex: Matouse colgándose dunha viga.

    Confrontacións: morrer.
  14. v pron

    Perder alguén a vida.

    Ex: Matouse nun accidente laboral.

    Sinónimos: morrer.
  15. v pron

    Traballar alguén moito e con afán e interese.

    Ex: Non te mates moito a facer o que che pediron, porque non cho van agradecer nada.

  16. v pron

    Facer grandes esforzos por algo ou por alguén. OBS: Emprégase seguido da prep por.

    Ex: Matouse por sacar a familia adiante.

Frases feitas

  • Estar/Levarse a matar. Levarse moi mal dúas ou máis persoas. Ex: Lévase a matar con todos os veciños.

  • Matarse vivo. Esforzarse moito por conseguir ou facer algo. Ex: Matouse viva por acabar a carreira.

  • Nin que o (me, te,...) maten. De ningún xeito. Ex: Non lle pido un favor nin que me maten.

  • Un mata e outro esfola. Expresa que dúas persoas teñen gran semellanza, en especial en algo negativo. Ex: Xan e María son mozos, e non che me estraña nada: un mata e o outro esfola.

  • Poñerse a matar. Comezar dúas ou máis persoas a levarse mal. Ex: Puxéronse a matar por un problema sen importancia.

Palabras veciñas

matapiollos | matapulgas | matar | matar | Matara | Matarâm | Matarâm
Conxugar
VERBO matar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mato
matas
mata
matamos
matades
matan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mataba
matabas
mataba
matabamos
matabades
mataban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matei
mataches
matou
matamos
matastes
mataron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matara
mataras
matara
mataramos
matarades
mataran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matarei
matarás
matará
mataremos
mataredes
matarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mataría
matarías
mataría
matariamos
matariades
matarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mate
mates
mate
matemos
matedes
maten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matase
matases
matase
matasemos
matasedes
matasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matar
matares
matar
matarmos
matardes
mataren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
mata
-
-
matade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
matar
matares
matar
matarmos
matardes
mataren
Xerundio matando
Participio matado
matada
matados
matadas