disipar

disipar

(< latdĭssĭpāre ‘aniquilar’)

  1. v t
    1. Facer que algo físico perda progresivamente intensidade, ata chegar a desaparecer, evaporándose ou esparexéndose as partes que a integran.

      Ex: O sol disipou as nubes.

    2. Facer desaparecer, pouco a pouco, algo inmaterial, especialmente unha dúbida, sospeita ou ilusión.

      Ex: O tempo disipará as túas dúbidas e temores, pero tamén as túas ilusións.

      Sinónimos: desvanecer, esvaecer, esvaer.
  2. v t

    Gastar cartos ou bens, sen prudencia, en cousas que non pagan a pena ou das que non se tira proveito ningún.

    Ex: Disipou a herdanza en catro días.

    Sinónimos: desbaratar, dilapidar, malgastar.
  3. v pron

    Perder algo físico intensidade progresivamente ata chegar a desaparecer.

    Ex: O fume disipouse cando apagaron o incendio. En pouco tempo disipáronse as nubes.

  4. v pron

    Desaparecer pouco a pouco algo inmaterial, especialmente unha dúbida, sospeita ou ilusión.

    Ex: As súas sospeitas disipáronse cando o coñeceu.

  5. v pron [FÍS]

    Transformarse unha forma de enerxía en enerxía térmica.

Conxugar
VERBO disipar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
disipo
disipas
disipa
disipamos
disipades
disipan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
disipaba
disipabas
disipaba
disipabamos
disipabades
disipaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
disipei
disipaches
disipou
disipamos
disipastes
disiparon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
disipara
disiparas
disipara
disiparamos
disiparades
disiparan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
disiparei
disiparás
disipará
disiparemos
disiparedes
disiparán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
disiparía
disiparías
disiparía
disipariamos
disipariades
disiparían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
disipe
disipes
disipe
disipemos
disipedes
disipen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
disipase
disipases
disipase
disipasemos
disipasedes
disipasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
disipar
disipares
disipar
disiparmos
disipardes
disiparen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
disipa
-
-
disipade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
disipar
disipares
disipar
disiparmos
disipardes
disiparen
Xerundio disipando
Participio disipado
disipada
disipados
disipadas