dislalia
dislalia
(< 2 dis- + gr λαλεῐν ‘falar’)
s
f
[PAT]
Trastorno da linguaxe que se caracteriza por unha mala articulación da palabra sen que exista unha patoloxía no sistema nervioso central. Distínguese entre dislalia orgánica, producida por malformacións ou lesións dos órganos periféricos da fonación (como a lingua, os dentes, os beizos ou o padal), e dislalia funcional, producida por unha incorrecta utilización dos órganos fonadores.