"APL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 111.

  • Espora asexual e inmóbil provista dunha cuberta dura protectora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia ou interrupción do desenvolvemento dun tecido ou dun órgano.

    2. Alteración grave da médula ósea caracterizada por unha diminución das células nai hematopoéticas, cunha notable redución da produción dos elementos sanguíneos. Diferénciase a aplasia medular primitiva ou idiopática, de causa descoñecida, da aplasia medular secundaria, que pode ser debida a unha exposición a diversos axentes tóxicos. As consecuencias clínicas son: anemia, por falta de hemacías; trastornos hemorráxicos, por falta de plaquetas, e alteracións inmunitarias, por falta de leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que aplaude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bater as mans en sinal de viva aprobación, de entusiamo.

    2. Demostrar a alguén aprobación e entusiamo, batendo as mans.

    3. Demostrar unha viva aprobación por unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de aplaudir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adquirir condición plebea.

    2. Perder os nobres os seus hábitos ou linguaxe refinados para adquirir os propios de plebeos.

    3. Facer ou facerse tosco, ordinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos gobiesócidos ao que pertence o peixe lapa verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de aplicable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser aplicado.

    2. Dúas superficies nas que se pode establecer entre os puntos dunha e da outra unha correspondencia que conserva as lonxitudes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aplicar ou de aplicarse.

    2. Posibilidade de servir ou ser utilizado para algo.

    3. Constancia ou esforzo que se pon para realizar un traballo, especialmente o estudio.

    4. Ornamentación que se pon sobre unha prenda para enfeitala.

    5. Correspondencia entre dous conxuntos onde todo elemento do primeiro conxunto (ou orixinal) ten unha soa imaxe no segundo conxunto. Se elementos diferentes teñen imaxes diferentes, a aplicación chámase inxectiva; se todo elemento do segundo conxunto é imaxe alomenos dun elemento do primeiro, a aplicación é exhaustiva; unha aplicación que sexa ao mesmo tempo inxectiva e exhaustiva chámase bixectiva ou unívoca.

    6. Aplicación que se establece entre un conxunto e el mesmo de xeito que a cada elemento do conxunto lle corresponde el mesmo.

    7. Aplicación establecida entre dous espacios vectoriais, E e F, de xeito que para dous elementos calquera x, y de E cúmprese: f(x+y)=f(x)+f(y) e f(λx)= λf(x) onde λ é un escalar.

      1. Conxunto de instrucións e datos que unha vez executado permite traballar cun ordenador e os seus periféricos realizando funcións como procesar textos, compoñer ilustracións, tratar fotografías, etc.

      2. aplicación asasina

        Aquela que pola súa amplitude e versatilidade pode substituír vantaxosamente a outras existentes con anterioridade.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aplicar.

    2. Que amosa aplicación no estudio.

    3. Dise dos órganos vexetais como pelos, follas, etc, que se achegan á superficie sobre a a que son inseridos, sen chegar, sen embargo, a se soldar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio que se utiliza para aplicar cousas ou produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer unha cousa enriba doutra de xeito que se adhira a ela cubríndoa.

    2. Facer obrar sobre unha persoa ou algunha cousa a acción ou o esforzo de alguén ou de algo.

    3. Facer servir algo para algunha cousa.

    4. Empregar unha característica, unha calidade, un adxectivo ou semellante para denominar algo.

    5. Poñer esforzo e atención na execución dalgunha cousa.

    6. Outorgarlle determinadas funcións a unha parte ou á totalidade do contido dun documento informático para modificar a súa configuración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lámpada de parede.

    2. Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa un tipo de encaixe que se une a outro, polo xeral nun extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertence os aplísidos.

    2. Gasterópodo da familia dos aplísidos.

    3. Familia de gasterópodos opistobranquios da orde pleurocelos á que pertence o xénero Aplysia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha ígnea da familia dos granitos e de grans moi finos. Componse de cuarzo e feldespato alcalino (oligoclasa), dispostos en forma de mosaico. As medidas dos grans van dende 0,05 mm ata 1 mm. Pode ter mica, en pequenas proporcións, e ás veces, microclina e turmalina. As aplitas enchen as diaclasas ou fendas das masas graníticas e representan un produto final da cristalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos aplodóntidos.

    2. Mamífero da familia dos aplodóntidos.

    3. Familia de rilladores de antiga orixe da que o único representante actual é o castor de montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertence aos aplousobranquiados.

    2. Individuo da orde dos aplousobranquiados.

    3. Orde de ascidiáceos integrados por animais procordados, que teñen o corpo alongado e dividido en dúas ou tres partes. Son coloniais. Reprodúcense sexualmente ou de foma asexual por xemación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos opistobranquios pleurocelos, desprovistos de cuncha e con tentáculos bucais moi desenvolvidos. Posúen unha glándula de secreción violácea. Presente en todos os mares. En Galicia denomínanse lesmas do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga denominación das esponxas do xénero Verongia.

    VER O DETALLE DO TERMO