"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de azur, unha aguia da súa cor natural, enredada de ouro. Pode aparecer coa forma castelanizada Agujares
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tradición industrial do Paleolítico superior (36000/20000 a C) do Próximo Oriente, orixinada a partir do Musterense local, que se caracteriza por un forte compoñente laminar. A maioría dos investigadores defenden a existencia de dúas tradicións paralelas: ahmarense e auriñacense; sen embargo, hai quen interpreta ese paralelismo como consecuencia de causas funcionais e non culturais.
-
PERSOEIRO
Trobador do que non se conservaron as súas cantigas. Sábese da súa existencia grazas á Tavola Colocciana, índice de autores probablemente elaborado sobre o Cancioneiro da Biblioteca Nacional, que nos achega a valiosa información de que Airas Soarez figura no cancioneiro con tres cantigas. Non obstante , este mesmo cancioneiro, no seu inicio, rexistra a presenza dunha lagoa visible non só na propia constitución do fascículo que a contén -hoxe en día un bifolio e antes da mutilación un quinión-, senón tamén no salto numérico que se dá entre as cantigas anterior e posterior á lagoa. Segundo o testemuño da Tavola Colocciana a lagoa afecta a oito autores e a vinte e sete cantigas que, por seren da primeira sección do cancioneiro, serían cantigas de amor. Todos os datos apuntan a que desenvolveu a súa actividade poético-musical entre finais do s XII e a primeira metade do s XIV. Certas hipóteses privilexian a súa identificación co Airas Soarez laicus que testemuña...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alampar.
-
PERSOEIRO
Historiador, bibliotecario e cardeal. Estudiou en Montserrat, licenciouse en teoloxía en Roma, onde estudiou paleografía. Nomeado arquiveiro do mosteiro de Montserrat, fundou as dúas coleccións de documentos e estudios Analecta Montserratensia (1917) e Catalonia Monastica (1926), editando ademais unha Historia de Montserrat e outros estudios básicos para a historia crítica do mosteiro catalán, que lle serviron para o nomeamento da Xefatura da Biblioteca Vaticana (1936). Durante a Segunda Guerra Mundial salvou da destrución diversas bibliotecas, entre elas a de Montecasino. Foi Doutor Honoris Causa pola Universidade de Friburgo, de Brisgovia e de dúas universidades dos EE UU. Foi abade titular de Ripoll. Xoán XXIII nomeouno Cardeal (1962) e Arcebispo titular de Gisaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Corna, no concello de Piñor, comarca do Carballiño. As súas armas levan, en campo de sinople, un castelo de ouro cun río ao seu pé e, á porta do castelo, un home armado, de prata, cunha espada na man.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clase de uva que produce un bo viño tinto. Cultívase nas comarcas de Quiroga, Valdeorras, no val de Monterrei e no Ribeiro. A cepa do albarello, aínda que moi produtiva, é facilmente atacada polo oidium. O viño consérvase ben e existe a crenza de que aumenta o seu vigor cando se traslada a outros países.
-
AFLUENTES
Afluente do Vilaza pola dereita que nace no Lombo dos Paraños (a 500 m de altitude), da confluencia de varios regueiros, e atravesa en dirección NO-SL, aproveitando unha fractura no terreo, as parroquias de Infesta, Albarellos e Vilaza do concello de Monterrei.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
ENCORO
Encoro no curso alto do río Avia; recolle, principalmente, a auga do río Cardelle, aínda que tamén conflúen nel outros ríos (Couso e Valdeiras) e regueiros (Val de Cerdeiras, Cabaleiros, da Serra, Pallares, etc). Está situado no territorio dos concellos do Covelo, Avión e Leiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe portuguesa asentada no distrito de Beiro. A rama que pasou a Galicia procede de Egas Moñiz. Un dos seus descendentes, Martín Pérez de Albarenga, tomou este apelido por ser señor de Albarenga, lugar do concello de Beiro na comarca do Ribeiro onde estableceu o seu casal. As armas orixinarias desta familia levan, en campo de prata, tres faixas de goles, cargadas con cadansúa orde de veros, de prata e azur. Os de Galicia traen, en campo de azur, un minguante de prata, coas puntas cara a abaixo, acompañado de catro aspas de ouro, tres en xefe e unha en punta.
-
PERSOEIRO
Político italiano. Ministro do goberno de Boloña (1859), colaborou na exaltación de Víctor Manuel II como rei. Foi Ministro de Instrución Pública (1862), Deputado (1865) e Conselleiro Municipal (1872). Rector da Universidade de Boloña (1871-1878), escribiu Política e storia (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal e político. Chanceler de Castela e Cardeal en Aviñón, nomeado por Clemente Vl (1350). Inocencio Vl encomendoulle a pacificación e reconquista dos Estados Pontificios de Italia. A súa misión consistía en recuperar o patrimonio de San Pedro, caído nunha situación anárquica baixo o dominio de diversos señores italianos. Convocou un Parlamento Xeral en Fano, onde se aprobaron as célebres Constitucións Exidianas, vixentes nos Estados Pontificios ata finais de 1816. O Papa proclamouno “pai e salvador da Igrexa” e encargoulle a Penitenciaría Apostólica (1357-1358). No ano 1360 incorporou definitivamente Boloña aos Estados Pontificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da Comunidad Autónoma de Madrid, na Campiña, situado na veiga do Henares, preto da súa confluencia co Jarama (163.386 h [1996]). A finais do 1945 era unha cidade eminentemente rural. Dende entón converteuse nun destacado centro industrial, cun importante sector químico e de electrodomésticos, e de servicios. Ten unha das universidades máis importantes da Península Iberica. Foi a Complutum romana, de onde deriva o xentilicio complutense. Conserva moitos exemplos de arquitectura mudéxar, aínda que os monumentos máis sobranceiros son dos ss XVl e XVll: o Pazo dos Arcebispos de Alonso de Covarrubias, a Igrexa Maxistral (1497-1509) de Pedro Gumiel e a Universidade, creada polo Cardeal Cisneros no 1508 ( Universidad de Alcalá de Henares), comezada por Gumiel e continuada por Rodrigo Gil de Hontañón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado por Xaime ll de Aragón e Fernando lV de Castela no 1308 en Alcalá de Henares. Nel acordouse separar do Reino de Granada unha sexta parte (Almería), para o Rei catalán.
-
ESPA¥A
Concello da rexión de Murcia (5.501 h [1996]). Situado na beira do Mar Menor, experimentou un gran pulo demográfico propiciado pola actividade turística.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica a facer trebellos de arxila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo editado na cidade de Pontevedra no ano 1962.