ahmarense
ahmarense
[ARQUEOL]
Tradición industrial do Paleolítico superior (36000/20000 a C) do Próximo Oriente, orixinada a partir do Musterense local, que se caracteriza por un forte compoñente laminar. A maioría dos investigadores defenden a existencia de dúas tradicións paralelas: ahmarense e auriñacense; sen embargo, hai quen interpreta ese paralelismo como consecuencia de causas funcionais e non culturais.