"Acis" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 27.

    1. Xuízo e veredicto do pobo na antiga Atenas e nas cidades que imitaban a súa constitución, que consistía en apartar ou afastar do poder político durante un período de dez anos os cidadáns con ambición desmesurada ou que posuían unha acumulación de poder e de riquezas excesiva. Na asemblea popular, os participantes escribían sobre fragmentos de arxila ou óstraka o nome da persoa que tiña que sufrilo e depositábanos á hora da votación.

    2. Afastamento forzado ou voluntario de alguén das súas funcións públicas, ocasionado principalmente por un trastorno político.

    3. Situación de illamento social en que se some unha persoa de xeito voluntario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e tratadista de arte. Pintou ao óleo e tamén ao fresco. Traballou no coro da igrexa de San Esteban de Salamanca (1707) e na cartuxa de Granada (1712). Publicou Museo pictórico y escala óptica (1715-1724) e pintou Inmaculada e diversos frescos como os das igrexas de Sant Joan del Mercat e Nostra Senyora dels Desamparats de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trastorno da fala que consiste en pronunciar e repetir palabras, frases, etc, sen saber o que significan.

    2. Método de ensino baseado exclusivamente na pura repetición memorística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que propugna a desigualdade das razas humanas e en virtude da cal se xustifica que certas razas ou culturas sexan sometidas a explotación económica, segregación racial ou mesmo destrución física. É unha forma activa de etnocentrismo. Algúns autores británicos, como R. Kipling, defenderon o destino das nacións de Occidente como potencias civilizadoras, nunha concepción eurocéntrica e colonial do mundo. En Francia, Henri de Boulainvilliers foi o iniciador da formulación teórica do racismo, ao intentar demostrar que a nobreza procedía da raza dominante dos francos. Máis tarde, J. A. Gobineau defendeu que a raza branca era superior a todas e que dentro dela, a súa rama máis pura era a aria; estas teses influíron no nacionalsocialismo alemán. O racismo implicou nalgúns estados africanos a completa eliminación física de tribos inimigas da tribo gobernante e na República Sudafricana o apartheid (1948-1991). En EE UU xurdiu no s XIX nos estados sudistas, nos que a monocultura...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao racismo.

    2. Partidario ou seguidor do racismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Fenómeno fonético que consiste en articular como [r] o /ªs/ implosivo en posición interior de palabra, ou por fonética sintáctica, ante consoante sonora, e en menor medida ante as xordas /f/ e /θ/ (lesma [‘lεrma], os dedos [or’»ðe»ðoªs], os feos [or’feoªs]). No territorio galego é frequente este fenómeno ante consoante sonora, especialmente na zona suroriental: hai zonas compactas de rotacismo no sur de Lugo, interior de Pontevedra (zona de Lalín, Silleda, etc) e gran parte de Ourense. No galego exterior só se rexistrou nalgún punto do galego do Bierzo. Diante de consoantes xordas fricativas dáse excepcionalmente. Este fenómeno fonético, que rematou cara a 330 a C, obsérvase particularmente en latín antigo, en posición intervocálica (lat GENERIS provén dun anterior *GENESIS; os infinitivos AMARE, AUDIRE, LEGERE presentan rotacismo, por ser se a desinencia de infinitivo). Algunhas linguas románicas tamén coñecen, en parte, o rotacismo. Así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Foz baixo a advocación de santo Acisclo.

    VER O DETALLE DO TERMO