rotacismo

rotacismo

(< lat científicorhotacismus)

s m [LING]

  Fenómeno fonético que consiste en articular como [r] o /ªs/ implosivo en posición interior de palabra, ou por fonética sintáctica, ante consoante sonora, e en menor medida ante as xordas /f/ e /θ/ (lesma [‘lεrma], os dedos [or’»ðe»ðoªs], os feos [or’feoªs]). No territorio galego é frequente este fenómeno ante consoante sonora, especialmente na zona suroriental: hai zonas compactas de rotacismo no sur de Lugo, interior de Pontevedra (zona de Lalín, Silleda, etc) e gran parte de Ourense. No galego exterior só se rexistrou nalgún punto do galego do Bierzo. Diante de consoantes xordas fricativas dáse excepcionalmente. Este fenómeno fonético, que rematou cara a 330 a C, obsérvase particularmente en latín antigo, en posición intervocálica (lat GENERIS provén dun anterior *GENESIS; os infinitivos AMARE, AUDIRE, LEGERE presentan rotacismo, por ser se a desinencia de infinitivo). Algunhas linguas románicas tamén coñecen, en parte, o rotacismo. Así no romanés o -n- intervocálico pasou a -r- (bine > bire), pero, posteriormente, no s XVIII, foi restituído o este -n-. En catalán tamén se produciu rotacismo en certos topónimos pirenaicos e nomes de persoa como Tol(d)rà, que procede de Tol(o)sà.

Palabras veciñas

rotáceo -a | rotación | rotacional | rotacismo | rotámetro | rotar | Rotario