Rotario
Rotario
Rei dos lombardos (636-652), duque de Brescia. Accedeu á coroa despois do seu matrimonio con Gunderberga, viúva do seu predecesor, Arioaldo, e estendeu os seus dominios a Liguria. Destaca o seu Edito (643), base da lexislación lombarda.