"Albán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 48.

  • RIOS

    Río da rexión de San Lourenzo, Canadá, emisario do lago Saint Joseph. Atravesa o Clay Belt e desemboca na baía James, preto de Fort Albany, logo dun percorrido de 512 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Nova York, nos EE UU, na beira do río Hudson (101.082 h [1990]). Centro industrial que se desenvolveu pola súa situación de nós de comunicación entre Nova York e o lago Erie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do SL do estado de Xeorxia, nos EE UU (78.122 h [1990]). É un importante centro comercial e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Industria da Late Stone Age (Idade de Pedra tardía) de África do Sur (10.000/6.000 a C) caracterizada por lascas retocadas sobre a materia prima local que contrastan coa presenza na zona de microlitos sobre material fino en momentos anteriores (industria Roberg) e posteriores (Wilton). Interprétase como un xeito de aproveitar a materia prima local ao reducirse os movementos do grupo nun contexto climático favorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luísa de Stolberg-Gedern.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título da Casa Real Escocesa empregado polos fillos segundoxénitos dos reis. Foi creado no 1398 polo Príncipe rexente Roberto, fillo do Rei Roberto II. Ostentárono, entre outros, o duque Xoán Stuart (ou Estuardo), Enrique Stuart (ou Estuardo), os futuros Reis Xaime VI (Xaime I de Inglaterra), Carlos I e Xaime VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira situada ao N de Albania. Presenta unha dirección xeral L-O, paralela ao curso inferior do río Drin. Están constituídos principalmente por rochas calcarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sultán turco de Deli (1266-1287). Chegou ao poder ao se impoñer a un grupo formado polos máis importantes príncipes de Bengala e do Punxab. Foi un gobernante despótico e conseguiu deter a expansión dos mongois cara á India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formou parte da chamada Segunda Escola de Viena, xunto con A. von Webern e o seu mestre, colaborador e amigo, o tamén compositor Arnold Schönberg. Entroncado coa tradición clásica vienesa, incorporoulle unha sensibilidade posromántica. Polo seu instinto dramático e polo seu poder expresivo, converteuse nun dos representantes do expresionismo musical. Dentro da súa produción destacan as obras: As catro cancións, op. 2 (1909), Cuarteto para corda, op. 3 (1910), Catro fragmentos para clarinete (1913) e a aria O viño (1829), sobre textos de Baudelaire. A súa derradeira obra foi o Concerto para violín e orquestra “Á memoria dun anxo”(1935), estreado en Barcelona en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clarinetista de jazz norteamericano, coñecido co nome artístico de Barney Bigard. Tocou na orquestra de Duke Ellington e foi un dos mellores representantes do estilo de Nova Orleans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de mecenas italiana orixinaria de Siena. Localizada en Alemmano (1277), o nome provén dun neto deste, Chigio. En 1377 adquiriron o grao de nobreza sienesa e en 1509 engadiron o apelido de Della Rovere. Agostino Chigi o Magnífico (Siena 1465 - Roma 1520) banqueiro da corte dos papas, instalouse en Roma en 1485. Baixo a súa protección, Baldassare Peruzzi construíu a Villa Farnesina. Fabio Chigi (Siena 1599 - Roma 1667) accedeu ao solio pontificio co nome de Alexandre VII e formou a Biblioteca Chigiana, incluída na Vaticana. Fabio Chigi (Siena 1631-1693) e Segismondo Chigi (? 1649 - 1677) mandaron construír o palacio Chigi en Roma, no que traballaron Giacomo della Porta, Carlo Maderno e Felice della Greca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Discípulo de Arago, foi nomeado (1876) presidente do Bureau des Longitudes e director do Observatoire de París (1878). En 1843 descubriu o cometa que leva o seu nome. Publicou Sur l’origine du monde (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de ganas, interese ou vontade para realizar unha actividade ou traballo que requira algún esforzo.

    2. rezadeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina obtida do tronco e das raíces de Ferula galbaniflua, planta orixinaria de Persia, que ten propiedades expectorantes e balsámicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘preguiza’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos italoalbaneses.

    2. Natural ou habitante das comunidades italoalbanesas.

    3. Pobo de orixe albanés que se estableceu en Italia meridional desde mediados do s XV. O proceso de migración prolongouse ata finais do último cuarto de s XVIII. As colonias italoalbanesas, que crearon novos pobos ou repoboaron outros, estendéronse por Calabria, Basilicata e Puglia, e pola parte occidental de Sicilia. A pesar das dificultades, moitos destes pobos conservan os rituais bizantinos, os costumes albaneses e a súa lingua. Coñeceron un rexurdimento durante o s XX. Eclesiasticamente están organizados en dúas dioceses de rito bizantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Teruel, Aragón, situado á beira do río Martín (1.538 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño con cultivos de cereais e viña e na explotación das minas de lignito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en La Campiña (4.617 h [2001]). A economía baséase no cultivo de cereais, algodón e oliveiras e nos materiais para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de México, situada no estado de Oaxaca. Duns 40 km de extensión, aproximadamente, foi fundada polos zapotecas, a máis de 1.500 m sobre o nivel do mar, pero as súas ruínas demostran que foi ocupada sucesivamente polos mixtecas e os aztecas; obsérvanse ademais, pegadas dos conquistadores españois. Do conxunto, que debeu ser un gran centro relixioso, sobresae a praza central, cunha fileira de pequenos templos no medio e varias construcións menores nos laterais, así como os enterramentos que se atoparon, acompañados dos seus correspondentes enxovais. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO