"Alca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 261.

  • ou Alcaán Cidade asolagada na lagoa homónima por causa dunha maldición que Cristo lle botou cando, na compaña de Pedro, pasou polo lugar pedindo esmola e os habitantes botáronlles os cans. Segundo a tradición, a fórmula empregada por Cristo perdura no refrán “adeus vila de Alcaián que tamén me acirraches os cans”. Como tamén pode ocorrer noutras cidades mergulladas (por exemplo, as de Antela, Lobeira, Veria ou Valverde), escóitase o canto dos galos ás doce da noite do Nadal. O simbolismo acuático de pureza primordial devolve as cidades asolagadas a un estado de graza primixenia logo dunha falta cometida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOAS

    Na parroquia de Seavia, do concello de Coristanco, situada na Braña Roxa (400 m) que desauga polo regueiro de Brañas Rubias. A lagoa aproveita o relevo aplanado da Depresión Meridiana e mais a impermeabilidade das rochas básicas desa área xeomorfolóxica. Tamén se chama Braña Rubia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cravo en forma de ángulo recto que se coloca nas paredes para pendurar elementos como cadros, papeis ou outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. erso grego ou latino formado por un espondeo, un iambo, unha cesura e dous dáctilos, ou ben por dous dáctilos e dous troqueos. Este tipo de verso tamén foi utilizado polos poetas latinos do s V e moi apreciado para os cantos líricos dos gregos.

    2. Estrofa grega, atribuída a Alceo de Lesbos e retomada por Horacio, composta por catro versos soltos: dous decasílabos compostos, un eneasílabo dáctilo e un decasílabo trocaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Gobernador árabe dunha provincia ou cidade.

      2. Castelán ou gobernador dun castelo.

      1. Persoa que nun centro penitenciario ou prisión preventiva tiña ao seu cargo a custodia e seguridade dos presos e a organización do réxime do centro. Corresponde ao actual director de prisión.

      2. Funcionario que nas alfándegas ten a misión de gardar e conservar as mercadorías dos almacéns para a percepción do imposto do timbre do estado.

    1. alcaide do mar

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote da diócese de Tui, gobernador, Provisor, vigairo xeral e xuíz examinador sinodal do Bispado de Mondoñedo. Publicou no 1842 Respuesta a la carta que, bajo el nombre de “Un venerable eclesiástico de San Justo” se publicó en 1842, en el “Boletín Oficial” de la provincia de Pontevedra núm 67. Á súa morte, parte da súa biblioteca doouse á Biblioteca Provincial de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribiu a comedia Aínda vive, en dous actos, estreada na Coruña no 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller do alcaide.

    2. Muller que realiza as mesmas funcións ca o alcaide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficio ou dignidade de alcaide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer actos de alcaiote ou alcaiota.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que incita ou encobre unha relación amorosa, mesmo na casa desa persoa, normalmente considerada non lícita.

    2. Incitador de relacións sexuais ilícitas das que obtén beneficio.

    3. Persoa ou cousa que serve para encubrir o que se pretende agochar.

    4. Especie de cabaza coa cortiza de cor verde clara e manchas brancas, de polpa branca e fibrosa coa que se elabora o cabelo de anxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio de alcaiote ou alcaiota.

    2. Acto propio dun alcaiote ou dunha alcaiota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Sevilla, Andalucía, na beira dereita do Guadaira (56.313 h [1996]). Incluída na periferia urbana de Sevilla, ten unha industria diversificada: transformación de produtos agrarios (fariñas e aceite de oliva), cartón, confección, etc. Tamén hai canteiras de calizas. Conserva vestixios romanos, visigóticos e un castelo mudéxar; ademais das igrexas medievais de San Pedro e de Nuestra Señora del Águila e a renacentista de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da Comunidad Autónoma de Madrid, na Campiña, situado na veiga do Henares, preto da súa confluencia co Jarama (163.386 h [1996]). A finais do 1945 era unha cidade eminentemente rural. Dende entón converteuse nun destacado centro industrial, cun importante sector químico e de electrodomésticos, e de servicios. Ten unha das universidades máis importantes da Península Iberica. Foi a Complutum romana, de onde deriva o xentilicio complutense. Conserva moitos exemplos de arquitectura mudéxar, aínda que os monumentos máis sobranceiros son dos ss XVl e XVll: o Pazo dos Arcebispos de Alonso de Covarrubias, a Igrexa Maxistral (1497-1509) de Pedro Gumiel e a Universidade, creada polo Cardeal Cisneros no 1508 ( Universidad de Alcalá de Henares), comezada por Gumiel e continuada por Rodrigo Gil de Hontañón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado por Xaime ll de Aragón e Fernando lV de Castela no 1308 en Alcalá de Henares. Nel acordouse separar do Reino de Granada unha sexta parte (Almería), para o Rei catalán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cádiz, Andalucía, na Campiña de Medina (5.689 h [1996]). Ten restos murados e dun castelo árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido no 1558 a Pedro Afán de Rivera (morto no 1571). Lugartenente de Catalunya e Vicerrei de Nápoles. O título pasou aos duques de Medinaceli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Castelló (4.915 h [1996]). Agricultura de secaño (cereais, alfarrobeiras, amendoeiras, oliveiras e vides), gandería ovina e pesca (sardiñas e ameixas). Turismo. Castelo templario dende a conquista cristiá (1233).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, á beira do Xúcar (1.563 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Sevilla, Andalucía, en La Campiña (9.039 h [1991]). Situado no val do Guadalquivir, ao pé das estribacións de Sierra Morena. Conquistada no 1247 por Fernando III o Santo. Agricultura mediterránea. Canteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO