"Alcar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 56.
-
-
Que contén cal.
-
-
calcaria pisolítica
Rocha sedimentaria de orixe química, de textura granular, formada por precipitación de calcita, dolomita e siderita, ao redor dun núcleo de cuarzo ou de carbonatos, no seo de auga cálida en axitación.
-
relevo calcario
Relevo cárstico.
-
Rocha sedimentaria formada principalmente por carbonato cálcico. As calcarias pódense clasificar atendendo á súa orixe (orgánica, química, detrítica), idade, textura ou composición mineral. Son tipicamente solubles en ácidos diluídos fríos, teñen un peso específico de 2,6-2,8 e xeralmente son brandas, xa que a calcita ten unha dureza de 3. Se padecen metamorfismo dan orixe a mármores. O carbonato cálcico, procedente de tecidos, esqueletos ou cunchas de organismos, precipita cando diminúe a concentración de CO 2 das augas, por exemplo cando estas se axitan ao aumentar a temperatura, diminuír a presión, etc. A apreciable solubilidade da calcaria en augas enriquecidas con CO 2 e en ácidos orgánicos dá orixe a un relevo peculiar denominado cárstico. En función da substitución crecente de calcita por dolomita, as rochas calcarias clasifícanse en: calcaria, con máis do 95% de calcita; calcaria magnesiana, cun contido en calcita do 90 ao 95% e o resto de...
-
calcaria compacta
Rocha sedimentaria organóxena, de cor moi variable e estratificación pouco aparente, de orixe biostrómica e biohérmica. Durante o proceso de diaxénese, os restos de grandes organismos consérvanse baixo a forma de moldes que se enchen de cristais de calcita. Cando están traballadas en láminas pulimentadas reciben a denominación de mármores, aínda que non sufriron recristalizacións en condicións distintas ás de deposición. As de gran moi fino chámanse pedras litográficas, por ser empregadas como pranchas para litografías, e nelas pódense atopar fósiles en excelente grao de conservación.
-
calcaria fosilífera
Rocha sedimentaria e organóxena formada pola acumulación de esqueletos de organismos mariños. Distínguense: calcarias fosilíferas biohérmicas, constituídas nunha masa de desenvolvemento fundamentalmente vertical, formada por organismos vivos tales como algas, corais, crinoideos e braquiópodos e de estrutura porosa que presenta poucos fósiles ben conservados; calcarias fosilíferas biostrómicas, formadas a partir de cunchas de animais bentónicos (como lamelibranquios, braquiópodos ou gasterópodos), sobre grandes fondos planos; e calcarias fosilíferas peláxicas, formadas por acumulación das pequenas cubertas calcarias de animais planctónicos, e que constitúen un bo soporte para unha fosilización estruturalmente moi precisa de organismos maiores.
-
calcaria pisolítica
-
-
Esponxa da clase das calcarias.
-
Clase de esponxas mariñas de ata 10 cm de altura, con representantes do tipo ascon, sicon e leucon, con espículas de carbonato cálcico aciculares ou con tres ou catro radios. Aínda que normalmente son de cores apagadas, algunhas especies presentan aparencia amarela intensa, vermella ou violeta. Son representativos desta clase os xéneros Sycon, Leucosolenia e Grantia.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forno ao aire libre, en forma de fosa circular, usado para a extracción de xofre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘zapateiro’.
-
GALICIA
Actor e director teatral. Comezou a súa actividade no grupo de teatro da Universidade Laboral da Coruña no ano 1976 e posteriormente participou en numerosos grupos como Danthea, Escola Dramática Galega, Ollomol Teatro Submarino, O Moucho Clerc, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego, Teatro do Aquí, Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Con estas compañías traballou en diversos espectáculos como Os perxuicios do tabaco, de Chejov (1976); Adeus Madelón, de Manuel Lourenzo (1987); Moleques, de Marcos Orsi (1989); O Rousinhol da Bretanha, de Quico Cadaval (1991); Historia de Neera, de Roberto Salgueiro (1990); O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro (1991); Anxeliños, de Vidal Bolaño (1997); Para ser exactos, creación do grupo Ollomoltranvía (1997); Commedia (un xoguete para Goldoni) (1993) e Raíñas de pedra (1994), ambas as dúas de Cándido Pazó; tamén participou na representación de Clownfutbol...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Subtraer ou malversar fraudulentamente unha cantidade de diñeiro ou uns bens que se tiñan baixo obrigación de custodia.
-
PERSOEIRO
Escritor portorriqueño. Participou na Guerra de Corea e alí foi correspondente. Premio Nacional del ministerio de Cultura de Tradución publicou, entre outras obras, El asedio y otros cuentos (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prehistoriador e arqueólogo. Catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela (2000), especializouse no estudo do fenómeno megalítico desde que defendeu en 1990 a súa tese de doutoramento sobre Estudio de los ajuares líticos de las sepulturas megalíticas del NO: Galicia y el N de Portugal (1991). Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium, Gallaecia, Arqueohistórica e BAR International Series. Das súas obras destacan Megalitismo de la Península Ibérica. Tipología y secuencia de los materiales líticos (1992) e Arqueoloxía da morte na Península Ibérica, desde as orixes ata o medievo (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástica. Formouse na Escuela de San Fernando (1961-1964) e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1966). Especializouse no traballo con materiais refractarios e pertenceu ao Instituto de Cerámica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Realizou exposicións individuais en Madrid, París e A Coruña. A súa obra está presente no Museo de Arte Contemporáneo de Madrid e no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía na Universidad Pontificia de Comillas (1950), ordenouse sacerdote ese ano e foi nomeado vicechanceler do bispo en 1952. Secretario xeral do Bispado de Lugo desde 1981, é cóengo arquiveiro e encargado do Museo Diocesano-Catedralicio de Lugo. Das súas obras destacan Historias Lucenses (1975) e Nosa Señora do Faro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Promotor da reforma educativa en Galicia, pertenceu ao colectivo Cravo Fondo. As súas composicións poéticas reflicten unha introspección reflexiva sobre o propio devir, estruturadas segundo os parámetros dos contos fantásticos de estilo clásico. Á súa novela iniciática Pulsando la ciudad atormentada (1975), séguelle Tránsito (1984), a súa primeira obra en galego, onde amosa vivencias estudiantís na cidade compostelá. Posteriormente, tirou do prelo Contos nocturnos (1985), os libros poéticos Emaín (1985), Rosa clandestina (Premio Leiadoura 1989) e Areas de fondo (1992) e as novelas O capitán Lobo Negro (Premio da crítica Española 1996) e Os ollos do sentinela (1997). Como ensaísta publicou a triloxía formada por Práctica sentimental (1997), Dialéctica Sentimental (1997) e Animal Sentimental (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e procurador dos tribunais. Membro dos colectivos Cravo fondo e De amor e desamor, parte da súa obra poética está recollida en diversas antoloxías, como Antología de la poesía gallega última (1991). Das súas obras destacan Víspera do día (1979), Alba de auga sonámbula (1983), Agosto (1989), Anel de mel (1993), Campo de Marte (1999), No corazón de Galicia: viaxe polas terras de Chantada e A Ulloa (2001) e Historias del Campo de Marte (2002). Recibiu o Premio Nacional de Poesía (1972), o Premio Celso Emilio Ferreiro (1979) e o Premio de la Crítica Española (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao SO de Móstoles e delimitado por Castela-A Mancha (14.823 h [2001]). Está situado nunha zona agrícola, pero a súa economía susténtase tamén nas industrias alimentarias e do papel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Coñecida como Maruxa Orxales, foi colaboradora de publicacións como La Estafeta Literaria ou Galicia en Madrid. Introducida no mundo literario por R. Otero Pedrayo, deu recitais poéticos por diversos lugares de España, algúns deles acompañada por Celso E. Ferreiro. A súa obra poética, marcada pola fantasía, a sinxeleza e, sobre todo, a sinceridade, está adornada de ricas metáforas. Da súa produción destacan Te he perdido. Para tí mis palabras (1971), Viviendo en amor (1974), Caminos (1975), Elesmiel (1989), Se apagará esta luz? (1992), Hombres para el milagro (1999) e Vientos de amor (2004). Tamén son importantes os libros de sonetos Iris de paz en mi brumoso cielo e A fonte secreta. Recibiu a Vieira de Ouro (2000) e o Premio de Poesía Rincón Azul.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou obras de poesía, novela e libros de viaxes. Coordinador do volume poético En tránsito: poesía galega en Madrid (2001), xunto con Vicente Araguas, participou nos volumes colectivos Intifada (1989) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001). Colaborador de Encrucillada, Luzes de Galiza e O Correo Galego, da súa produción destacan Poemas da cinza (1990), onde amosa sobre todo sinceridade nun marco de continuas referencias á realidade cotiá; Todo morte (1998), Sobremesa (1999), Rosa íntima (2000), Inventario de fragmentos (2001, Premio Rosalía de Castro) e Libro das viaxes (2002). Gañou a IX edición do premio de relatos Casa de Galicia de León con “Día de inverno” (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador do cine. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi responsable da Filmoteca de Galicia e profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Pioneiro na investigación da historia do cine en Galicia, publicou numerosos traballos sobre as orixes do espectáculo cinematográfico en Galicia, como El cine en Galicia durante la Segunda República (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Reiterar algunha cousa con insistencia.
-
Premer moito unha cousa contra outra.
-
-
PERSOEIRO
Cabaleiro. Deu nome, xunto coa ponte sobre o Eume, ao concello das Pontes de García Rodríguez, despois de que Enrique II de Castela lle concedera, en 1376, o señorío do concello, no que construíu un castelo xa desaparecido. Posteriormente recibiu tamén o señorío de Santa Cruz e San Xurxo de Moeche.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid e do Tribunal Supremo. Foi membro de número do Instituto Español de Derecho Procesal e colaborador e conselleiro da Revista de Derecho Procesal. Escribiu El denominado Derecho Foral Gallego y su compilación (1961). Recibiu a gran cruz de San Raimundo de Peñafort (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás rochas que conteñen conxuntamente silicatos e carbonatos de calcio.