"Alexandre" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 107.

  • PERSOEIRO

    Chamado Ronaldo Bandinelli, foi Papa dende 1159 a 1181. Xurista recoñecido (do que se conservan os Stromata, comentarios ao Decretum Gratiani), cando era Cardeal defendeu a autoridade do papa por riba do emperador, actitude frecuente entre a xerarquía eclesiástica do século XII xa defendida por Xelmírez. Por este motivo, Federico Barbarrubia opuxo á súa elección pontificia tres antipapas, dos que o máis importante foi Víctor IV. Despois dunha serie de incidentes, Alexandre III exiliouse en Francia; percorreu toda a Lombardía e despois de dezaoito anos de loita venceu, xuntamente coa Liga Lombarda de cidades, a Barbarrubia en Legnano (1176) e obrigouno a asinar a paz en Venecia (1177). Tivo dificultades graves con Enrique II Plantagenet de Inglaterra polo asasinato do Arcebispo Tomas Becket, que canonizou (1173). Chegado a Roma, o Antipapa Calixto III tivo que someterse a el. En 1179 reuniu o Concilio de Letrán (XI ecuménico), que regula a elección pontificia e reprimiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1881-1894), segundo fillo de Alexandre II. En 1886 casou con Dagmar (María Fiodorovna), filla de Cristián IX de Dinamarca. Inaugurou unha etapa de afastamento de Europa, de intransixente autocracia e renunciou a toda reforma política e social. A prensa foi controlada (1881) e as universidades perderon a súa autonomía (1884). Desde 1887 obstaculizouse o acceso á escola das clases inferiores. Alexandre seguiu a política de rusificación (en Polonia, en Finlandia e nas provincias do Báltico) e proseguiu a expansión de Rusia cara a Asia Central. Completou a conquista do Turquestán, do oasis de Merv (1884) e das rexións de Fergana e Pamir (1893). Construíu o ferrocarril transcaspiano (1883-1886) e comezou o transiberiano (1891-1904). Continuou na Liga dos Tres Emperadores (1881) e asinou con Bismarck unha alianza xermano-rusa no 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei (103-176 a C) e gran sacerdote asmoneo. Sucedeu ao seu irmán Aristóbulo I. Expandiu os seus dominios ata a costa de Palestina. Reprimiu violentamente a primeira revolta dos fariseos contra os asmoneos (feito que orixinou, posiblemente, a seita dos esenios).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Serbia (1842-1858), fillo de Xurxo I de Serbia. Foi oficial do exército ruso. No 1842 substituíu a Miloš Obrenović como príncipe de Serbia. Durante o seu reinado consolidouse o principado e o réxime apoiouse nos funcionarios, na policía e no exército. Ilya Garachanin agrandou os territorios de Serbia, pero o príncipe (ás veces favorable a Austria e outras a Rusia) foi deposto (1858) pola Skupstina (Asemblea Nacional), que devolveu a Milos ao trono. No 1871, foi acusado de participar no asasinato de Miloš Obrenović, pero foi absolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alexandre o Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran Duque de Novgorod e de Vladimir, fillo de Iaroslau II. Salvou as súas terras combatendo contra os suecos (1240) a rentes do río Neva (o que lle vale o alcume Nevski), preto da futura San Petersburgo, e contra os cabaleiros da Orde dos Portaespada, vencendo a ambos, para adoptar unha política de defensa e submisión verbo dos mogois. Considerado salvador da ortodoxia, venérase como santo pola Igrexa Oriental. Cando o Tsar Pedro o Grande funda a cidade de San Petersburgo (1703), conságralle un mosteiro e convérteo en santo nacional e dinástico de Rusia. Recibe culto nos países eslavos; a Catedral de Sofía (Bulgaria) ten a súa advocación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (222-235 d C); curmán e sucesor de Heliogabalo. Atribúenselle as reformas que consolidaron o poder do Senado, no que creou unha especie de consello de rexencia formado por dezaseis senadores; así mesmo, reformou o cursus honorum nos graos intermedios e atribuíu aos prefectos do pretorio a dignidade senatorial. Iniciou unha serie de reformas xurídicas, financeiras (tentou reducir os gastos do exército) e sociais (introdución da protección social e da beneficiencia). Partidario do sincretismo relixioso, mantivo os seus privilexios aos xudeus e tolerou o Cristianismo. O alzamento dos sasánidas no Oriente obrigouno a loitar contra Ardacher I (232). Trasladouse ao Rin para negociar cos pobos xermánicos (234), pero foi asasinado polos seus lexionarios nunha revolta militar dirixida polo oficial tracio Maximino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    De nome Petros Filargos, exerceu como Papa dende 1409 ata 1410; foi considerado Antipapa polos canonistas. Resultou elixido Papa polo Concilio de Pisa, que pretendía acabar co Cisma de Occidente. Os dous papas que o concilio depuxera anteriormente, non se someteron ás decisións que nel se tomaran e o cisma converteuse en tricéfalo. Martiño o Humano non recoñeceu o novo Papa e mantivo a súa obediencia a Bieito XIII (Pedro de Luna). O seu nome permaneceu no anuario pontificio ata 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    De nome Roderic de Borja, foi Papa dende 1492 ata 1503. Pertencía a unha familia da pequena nobreza valenciana e era sobriño materno do Papa Calixto III. Destinado á carreira eclesiástica, antes de cumprir os 16 anos xa lle concederan un beneficio en Xàtiva e unhas coenxías en Segorbe (Castelló). Doutorouse en Dereito Canónico en Boloña (1456) e canda o seu tío ascendeu ao Pontificado cardeal-diácono. Foi titular ou administrador das mitras de Girona, València, Cartagena, Albano, Mallorca e Eger, entre outras. Probablemente, ordenouse sacerdote no 1458 ou no 1459. Designado por Calixto III vicechanceler da Igrexa no 1457, conservou o cargo sen interrupción baixo Pío II, Paulo II, Sixto IV e Inocencio VIII. Durante a súa etapa de cardeal, interveu na conclusión da Guerra Civil do Principado e legalizou o matrimonio fraudulento de Fernando II e de Isabel de Castela, aos que lles deu o apelativo de Reis Católicos (1496). No 1492 foi elixido Papa. Atribúenselle polo menos dez fillos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    De nome Fabio Chigi, foi Papa dende 1665 ata 1667. Fixo rematar a construción da columnata vaticana de Bernini e do altar da Confesión. Interveu na cuestión xansenista e permitiu algúns dos denominados “ritos chineses”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Benedictino francés. É autor do Traité générale des horloges (Tratado xeral dos reloxos, 1734), primeiro tratado francés da especialidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran mosaico dos ss II ou I a C, atopado en Pompeia na Casa do Fauno. Representa unha batalla de Alexandre contra o exército persa de Darío o Grande, moi probablemente copia dunha pintura helenística perdida. Un dos mellores exemplares dos mosaicos antigos. Consérvase no Museo Nacional de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran sartego atopado en Sidón, probablemente a tumba dun dos príncipes da cidade, con relevos que representan a Alexandre en combate. Obra de feitura grega (s IV a C) consérvase no Museo de Istambul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do grego Aléksandros (’Aλέξανδρος) composto polo verbo ἀ λέξω ‘protexer, defender’ e o substantivo ἀ ν ή ρ, ἀ νδρός ‘home’, é dicir, ‘defensor dos homes’ ou ‘protexido’, que chegou a nós a través do latín Alexander, -andri. Conta a lenda que cando Príamo e Hécuba esperaban un fillo, un oráculo advertiulles que aquel meniño habería traer a ruína de Troia. Por mor do augurio, os pais abandonaron o neonato no monte Ida. Alí foi recollido por uns pastores que lle deron o nome de Alexandro polo contido semántico que tiña o termo (‘protexido’). Entre os santos que teñen este nome, cómpre salientar: santo Alexandre I (s II), santo Alexandre de Bérgamo (s III) e o príncipe de Novgorod, santo Alexandre Nevski (s XIII). Ao se fundar a cidade de San Petersburgo (1703), Pedro o Grande consagroulle un mosteiro e converteuno en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romanés que participou na Revolución do 1848. Iniciouse baixo a influencia do Romanticismo francés e evoluíu cara a formas máis tradicionais. A súa obra componse de fábulas, sátiras e poemas de tema histórico, de carácter lírico-patriótico, foi recollida no 1863 co título Meditatii, elegi, apistole, satire si fabule.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo, tradicionalmente empregado en Occidente, da cidade turca de nome árabe Iskenderun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Animador cinematográfico francés de orixe rusa. Inventou a pantalla de agullas: imaxes compostas por miles de agullas que, máis ou menos afundidas, modifican a superficie que se filma segundo unha iluminación rasante. Todas as súas películas seguiron unha técnica de filmación imaxe por imaxe. As súas obras máis importantes son Une nuit sur le mont Chauve ( Unha noite no monte Chauve, 1933), o prefacio de Procès (O proceso, 1962) de Orson Welles e Le nez (O nariz, 1963) sobre a obra de Gogol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Especializouse nas películas de gángsters e na situación dos franceses en Alxeria trala independencia deste país. Entre outras, destacan as películas Le coup de Sirocco (O golpe de Siroco, 1978), Le grand carnaval (O gran entroido, 1983), L´Union Sacrée (A unión sagrada, 1989) e Dis-moi oui... (Dime que si..., 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en francés. Cultivou a poesía, o teatro, o ensaio, etc, pero sobre todo a novela, dotada dunha grande imaxinación. Cómpre salientar as súas obras Indide 33 (1921) e Le siège de Syracuse (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e teórico cinematográfico. Desde os seus comezos afirmaba a súa dedicación por enteiro ao cine, amosando sempre un dominio da técnica abraiante. Formulou a teoría da camera-stylo, que atopou a súa aplicación na excepcional curtametraxe Le rideau cramoisi (A cortina carmesí, 1953). Foi presentado como un dos máis relevantes directores do novo cinema francés. Dirixiu, entre outras, as películas Les mauvaises rencontres (Malos reencontros, 1955), Une vie (Unha vida, 1957) e L’Éducation sentimentale 61 (A educación sentimental 61, 1962), estes dous últimos títulos considerados como moi orixinais. Tamén realizou algún documental como Sartre par lui-même (Sartre por si mesmo, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO