Astruc, Alexandre
Astruc, Alexandre
Realizador e teórico cinematográfico. Desde os seus comezos afirmaba a súa dedicación por enteiro ao cine, amosando sempre un dominio da técnica abraiante. Formulou a teoría da camera-stylo, que atopou a súa aplicación na excepcional curtametraxe Le rideau cramoisi (A cortina carmesí, 1953). Foi presentado como un dos máis relevantes directores do novo cinema francés. Dirixiu, entre outras, as películas Les mauvaises rencontres (Malos reencontros, 1955), Une vie (Unha vida, 1957) e L’Éducation sentimentale 61 (A educación sentimental 61, 1962), estes dous últimos títulos considerados como moi orixinais. Tamén realizou algún documental como Sartre par lui-même (Sartre por si mesmo, 1975).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Falecemento