"Aller" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • PERSOEIRO

    Polígrafo. En 1752 ingresou na Compañía de Xesús. En 1767 marchou a Italia a consecuencia do decreto de expulsión da orde asinado polo Rei Carlos III. En Roma publicou un catálogo de incunables hispánicos, estudios e diversas obras en defensa da colonización castelá de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Evolucionou dende un surrealismo inicial cara a un formalismo de filiación picassiana. Posteriormente acadou a abstracción. Foi un dos máximos expoñentes da vangarda artística da Xeración do 27.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Ademais de cursar estudios de debuxo e pintura, estudiou maxisterio e piano. Nas súas obras reproduciu as porcelanas de Sargadelos e os encaixes de Chantilly, Bruxas e Camariñas, ademais de paisaxes, bodegóns e monumentos antigos. Realizou exposicións en diversas cidades e vilas de Galicia e en Madrid. Da súa produción salienta Combarro e Divina Pastora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Entre as súas publicacións destacan a novela Pobre Luisa! (1885) e os estudios Dicionario tecnológico de ciencias médicas (1886), Higiene de la mujer (1889), Consideraciones clínicas acerca de la etiología y terapéutica de la neumonía (1893), Nociones de gimnástica higiénica (1894) e Historia de una epidemia de viruela (1898), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e micrógrafo. Ocupou en 1881 a cátedra de Física e Química do Instituto de Pontevedra onde tamén exerceu como director ao tempo que dirixía a fábrica da luz, a estación meteorolóxica e o laboratorio municipal. Realizou traballos micrográficos (microscopía e microfotografía), e mantivo unha estreita relación con Baltasar Merino e Víctor López Seoane, con quen quixo levar a cabo o primeiro estudo das diatomeas de Galicia. Colaborou cos científicos Santiago Ramón y Cajal e Odón del Buen, e coa Sociedad Española de Historia Natural, o Museo de Ciencias Naturales de Madrid, o Laboratorio Español de Oceanografía e a Junta para la Ampliación de Estudios. Impartiu cursos para a formación de especialistas nas técnicas microscópicas e de preparación de mostras. . En 1893 publicou La fotomicrografía e en 1897 Técnicas de las preparaciones microscópicas sistemáticas. En 1911 publicáronse dez láminas con 171 especies de diatomeas fósiles de Morón no libro La diatomología...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor teatral. Pertenceu á chamada Xeración dos 80 do teatro español. Titulado pola Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, na que exerceu como profesor. Autor das pezas como Y todo por nada (1986), Querido Ramón (1992) ou Squasch (1988), esta última representada pola Compañía de María en 1995, en versión de Xepe Casanova, con dirección de Quico Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecilia Francisca Josefa Böhl de Faber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Intendente Xeral de Galicia dende 1721. Como corrixidor da Coruña, cargo inherente á intendencia, promoveu melloras nas rúas da cidade, así como a construción do acueduto de San Pedro de Visma e dos polvoríns de Montealto e A Estrada. Así mesmo, conseguiu a autorización real para crear na Coruña unha compañía para o comercio coas Indias, polo que dende abril de 1734 o porto da Coruña foi autorizado para abastecer de todos os xéneros de Europa ás provincias de Yucatán e Campeche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española rodada en 1972 en exteriores e interiores da Escola Naval de Marín e nas cidades de Pontevedra e Vigo. Foi dirixida por Ramón Torrado e interpretada por Peter Lee Lawrence, Maribel Martín, Alfredo Mayo, Ramón Pons, Pepe Ruíz, Rafael Hernández e Adoración Vázquez, entre outros. Tres amigos, alumnos da Escola Naval de Marín, estragan a súa amizade por mor dun malentendido ocasionado polas relacións que un deles, Carlos, mantén con dúas mulleres. A axuda dun dos seus profesores será fundamental para recuperar esa amizade perdida. Cando todo volvía á normalidade, Enrique, un dos tres amigos, no intento por salvar un barco que naufragaba, morre. Ao finalizar o curso, no desfile final, xa como alféreces, lembran o seu compañeiro falecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘garfo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Historia da Arte Contemporánea na Universidad Complutense de Madrid. Dende 1976 colaborou como crítico de arte no xornal El País. Foi director do Museo del Prado. É autor, entre outros, dos libros: Luis Gordillo (1981), La teoría de la pintura en el Siglo de Oro (1981), España, medio siglo de arte de vanguardia. 1939-1985 (1986), Vanguardia y tradición en el arte español contemporáneo (1988), Pintores españoles entre dos fines de siglo (1880-1990) (1990), Velázquez (1991), Luis Paret y Alcázar (1746-1799) (1991), La imagen románica de España: arte y arquitectura del s XIX (1994), El Greco (1995), El Guernica de Picasso (1999) e Libertad de exposición: una historia del arte diferente (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Local no que se venden ou arranxan pechaduras ou outros obxectos de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo alemán. Introdutor das técnicas cuantitativas, incorporou á xeografía as investigacións do economista von Thünen. Formulou a teoría dos lugares centrais, elaborada a partir dos seus estudios de doutoramento sobre a distribución das cidades meridionais de Alemaña e plasmada na súa obra Die Zentralen Orte in Süddeutschland (Os lugares centrais na Alemaña do Sur, 1933). Despois do seu doutoramento, incorporouse á administración pública e nomeárono presidente dos servicios de ordenación territorial da Alemaña do III Reich. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial separárono da función pública ata que o rehabilitaron na década dos sesenta do s XX. Nos seus últimos anos de vida dirixiu o departamento federal de planificación turística da Alemaña Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Publicou poemas en distintas revistas, como os titulados “O ben na terra”, “Lonxe vai miña alegría” e “O día de San Antón”, e o libro A Herminia (1891). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Cursou os estudios universitarios en Santiago de Compostela e Madrid. En 1870 ingresou no corpo de sanidade militar e, en 1872, foi destinado a Filipinas onde obtivo a cátedra de Anatomía Cirúrxica e Operacións da Universidad de Manila (1878). En 1899 foi nomeado director do Hospital Militar da Coruña e, en 1890, membro numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo británico dirixido pola Universidade de Londres. Nel amósase a colección pertencente ao Courtauld Institute of Art, institución dedicada ao estudo da arte que se formou en 1931 para acoller a colección de pintura impresionista e postimpresionista de Samuel Courtauld (1876-1947). A galería abriuse ao público en 1958 en Woburn Square, Bloomsbury, e en 1990 trasladouse á Somerset House. O Instituto enriqueceuse con outras coleccións como a Princess Gate Collection e as pertencentes ao viceconde Lee of Fareham, a Mark Gambier-Perry, a Robert Witt e a Roger Eliot Fry. Os seus fondos mostran pintura inglesa, italiana, francesa e flamenga, ademais de cerámica, mobles e outros obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ramon Deodat Caballero i d’Urbina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón (15.227 h [1996]). É a cabeceira e o centro económico da comarca agrícola de Las Bajas Cinco Villas. As principais actividades económicas son a agricultura, especialmente os cultivos de cereais, a industria agroalimentaria e a fabricación de maquinaria agrícola. De orixe ibérica, foille conquistada aos musulmáns por Afonso I de Aragón o Batallador (1106), quen lle concedeu a carta de poboamento. Foi escenario das loitas civís que precederon ao compromiso de Caspe. Alí tivo lugar a reconciliación entre Xoana Enríquez e Leonor de Navarra (1467). As tropas de Filipe V sitiárona durante a Guerra de Sucesión. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa románica de San Salvador e a de Santa María, de orixe románica e modificada no s XVII, declaradas Ben de Interese Cultural en 1931 e 1984 respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura chantada no chan soa ou apoiada nun muro, que serve de soporte para soster plantas, árbores froiteiras ou vides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi autor de célebres zarzuelas como La Marsellesa (1876), El dúo de la Africana (1893), La viejecita (1897) e Gigantes y cabezudos (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO