Courtauld Institute Galleries

Courtauld Institute Galleries

Museo británico dirixido pola Universidade de Londres. Nel amósase a colección pertencente ao Courtauld Institute of Art, institución dedicada ao estudo da arte que se formou en 1931 para acoller a colección de pintura impresionista e postimpresionista de Samuel Courtauld (1876-1947). A galería abriuse ao público en 1958 en Woburn Square, Bloomsbury, e en 1990 trasladouse á Somerset House. O Instituto enriqueceuse con outras coleccións como a Princess Gate Collection e as pertencentes ao viceconde Lee of Fareham, a Mark Gambier-Perry, a Robert Witt e a Roger Eliot Fry. Os seus fondos mostran pintura inglesa, italiana, francesa e flamenga, ademais de cerámica, mobles e outros obxectos.