"Als" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 150.

  • Contracción ou acción antiperistáltica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, prosista e dramaturgo. As súas novelas apareceron en folletíns e acadaron un grande éxito: María, la hija del jornalero (1845), Pobres y ricos o la bruja de Madrid (1849), etc. Na mesma liña escribiu dramas como El primer crimen de Nerón (1830). Nas súas obras exalta a pobreza e a liberdade fronte ao poder e á opresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cavidade no chan que se enche de auga, natural ou artificialmente. SIN: poza.

    2. Dorna grande para fermentar as uvas e facer viño. SIN: balseiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma feita de táboas e pólas atadas con cordas que se utiliza para transportar mercancías ou persoas, xeralmente nos ríos e lagos.

    2. Árbore duns 20 m de altura, de follas palmeadas e flores brancas e pilosas, que vive nas selvas chuviosas de América, dende o sur de México ata o norte de Perú. Aínda que existen plantacións (Costa Rica), a maior parte da madeira procede de árbores salvaxes.

    3. Madeira da árbore do mesmo nome, branca, moi lixeira (peso específico 0,21-0,25) a causa do aire que enche os seus abundantes poros, e notablemente resistente. Pola súa flotabilidade foi empregada dende a Antigüidade na construción de embarcacións, boias, salvavidas, etc. Tamén se utiliza en maquetería e aeromodelismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do Anllóns. Nace na parroquia de Seavia, concello de Coristanco, da confluencia dos regos de Seavia e Segufe. Percorre as parroquias de Seavia e Oca no concello de Coristanco, levando unha dirección N-S. Desemboca no lugar do Muíño de Cepeira, onde o Anllóns fai a fronteira de Oca coa parroquia de Sísamo, concello de Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica que remite á voz balsa de orixe prerromana e que, neste caso, tería o significado de ‘lugar enchoupado de auga’. Documéntase xa no s XIII: “Iohannem Arie de Balsa” (doc ano 1220 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 523).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e crítico de arte. Na súa xuventude participou en varias exposicións pitóricas, pero despois decantouse pola crítica de arte e a tradución. É autor, entre outros, dos cadros: Retrato de Emilia Pardo Bazán, Devotos de Santa María de Arcos e Un rato de conversación, este último presentouno na Exposición Nacional de Belas Artes de 1887. Colaborou na Ilustración Española y Americana e en Blanco y Negro. Así mesmo, publicou Artistas y críticos españoles: siluetas de pintores, escultores, críticos (1891), Orfebrería gallega: notas para su historia (1912) e Pisa: su influencia en el Renacimiento italiano (1913). Fixo a tradución ao castelán das novelas de Emilio Salgari (Sandokán ou La mujer del pirata) e a antoloxía de prosistas e poetas Noruega literaria de Jacques Coussange (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Triacastela baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carga que transporta unha balsa en cada viaxe.

    2. Cada unha das viaxes que fai unha balsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente pola dereita do Landro. Nace nas estribacións meridionais dos montes de Cabaleiros, da confluencia dos regos de Cordeiras e da Fraga, no límite das parroquias de Vilacampa (concello do Valadouro) e Miñotos (Ourol). Drena esta última parroquia e desemboca no Landro logo dun percorrido duns 6 km de dirección L-O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor norteamericano. Cursou estudios no Actor´s Studio. Traballou primeiro no teatro e despois no cine. Gañou un Oscar ao Mellor Actor de Reparto en 1965 polo filme Thousand Clowns (Mil pallasos). Entre os seus traballos destacan os filmes: 12 Angry men (Doce homes sen piedade, 1957), Psycho (Psicose, 1960), Breakfast at Tiffany´s (Almorzo con diamantes, 1961), Murder on the Orient Express (Asasinato no Orient Express, 1974), Cuba (1979), Cape Fear (O cabo do medo, 1991) e The Silence of the Hams (O silencio dos burricáns, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente, xeralmente de bronce ou vidro, destinado a conter bálsamos, esencias ou perfumes, e utilizado en contextos culturais romanos. Bouza Brey publicou a existencia dunha peza coa forma do busto dun fauno e posteriormente Balsa de la Vega, o mesmo Bouza Brey e Acuña publicaron outro coa forma do busto dun sátiro. No Museo da Rexión Flaviense atópase o Balsamario de Chaves que pode representar a efixie de Antínoo, o favorito de Adriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo do xénero Commiphora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten calidades de bálsamo.

    2. Que contén bálsamo.

    3. Que exhala aroma de bálsamo.

    4. Aroma a incenso ou alcatrán do viño producido pola crianza en madeiras como o cedro, abeto, eucalipto, etc, que se acelera polas altas temperaturas en zonas cálidas.

      1. Dise de todas as substancias que teñen consistencia de bálsamo e tamén das que son de acción antigonorreica.

      2. Aplícase unicamente aos medicamentos que conteñen aceites esenciais antisépticos e tonificantes do aparato respiratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce bálsamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba anual, erecta, de 30 a 60 cm, con follas ovadas, fondamente dentadas, e flores grosas, moi irregulares e incluso dobres entre as variedades cultivadas; son de cores variadas moitas delas vermellas. Orixinaria da India, Malaisia e China.

    2. Herba anual de follas lanceoladas, festonadas, e flores lixeiramente irregulares, dunha cor vermella de cinabrio, cunha longa espora. Orixinaria do leste de África tropical, cultívase en xardinería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das balsamináceas.

    2. Individuo da familia das balsamináceas.

    3. Familia de herbáceas pertencente á orde das balsamináceas, de flores patentes e pentámeras e froito en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Oleorresina de aspecto máis ou menos viscoso que contén un ou dous ácidos aromáticos, o benzoico e o cinnámico, ou algúns derivados destes. Os bálsamos flúen naturalmente, ou por incisión, de determinadas plantas e teñen propiedades medicinais. Tamén se empregan en perfumería.

      2. bálsamo de Perú

        Bálsamo obtido por incisión da árbore Myroxylon pereirae, papilionácea de América Central. Emprégase en cosmética e aplícase en afeccións cutáneas e do aparato respiratorio.

      3. bálsamo de Tolú

        Bálsamo obtido da árbore Myroxylon balsamun, papilionácea de América Central. Preséntase en forma de masas brandas, sólidas e fráxiles, que se amolecen naturalmente e adoptan a forma do recipiente que as contén. Emprégase como anticatarral.

      1. Oleorresina semellante ao bálsamo auténtico pola aparencia e as propiedades, pero de composición química diferente.

      2. bálsamo de Canadá

        Oleorresina máis próxima ás trementinas cós bálsamos auténticos, que se extrae de Abies balsamea, un abeto norteamericano. Emprégase para facilitar a observación de preparacións ao microscopio e como adhesivo para montar as lentes dos instrumentos ópticos. Tamén se emprega na execución das obras pintadas ao óleo, na manufactura de lacas e como aromatizante de substancias. Ten unha certa eficacia contra a tose.

      3. bálsamo de copaíba

        Oleorresina que se extrae da copaíba, árbore da familia das mimosáceas, común en América do Sur. Ten unha acción balsámica e desinfectante, e empregouse moito, en uso interno, para curar as afeccións xenitourinarias e, externamente, contra a sarna. Emprégase tamén en pintura e restauración.

      1. Calquera preparado galénico (bálsamo artificial) de composición máis ou menos complexa, con propiedades medicinais, xeralmente de uso externo e case en desuso.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro siciliano tamén chamado Alessandro Cagliostro. Viaxou por Europa oriental estafando, practicando a hipnose, a alquimia e o espiritismo. Estivo implicado no escándalo do colar da Raíña María Antonieta, polo que foi expulsado de Francia (1786). Dirixiuse cara a Italia (1791) e a Inquisición encarcerouno polas súas ideas masónicas ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO