"Andrade" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 63.

  • PERSOEIRO

    Navegante portugués, explorador e militar. Baixo as ordes do Comandante Alfonso de Alburquerque tomou parte, xunto co seu irmán Simão, na toma de Goa (1510) e na conquista de Malaca (1511).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cronista maior do Reino portugués. Entre as súas obras históricas sobresae a Crònica do muito alto D. João III (1613); como poeta, é autor do poema épico Primeiro cerco de Diu (1589).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e dourador. Entre as súas obras máis salientables cómpre destacar a súa intervención no retablo de San Sebastián na Capela de San Roque de Santiago (1678), a pintura e dourado do retablo das Reliquias do convento de Vilanova de Lourenzá (1679), o retablo da desaparecida capela de San Roque en Pontedeume (1684) e o antigo altar da capela dos Remedios de Mondoñedo (1700), que pintou xunto con Alonso Canedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica, situada en Pontedeume, de finais do século XII na que se conserva principalmente a ábsida semicircular. O máis destacado deste templo é a colección de canzorros que se sitúan baixo o beiril: os máis sinxelos decóranse con grandes volutas, estrías verticais e varios rolos, algúns unidos por un bocel. Outros presentan figuras humanas espidas e de crequenas. O interior da ábsida quedou oculto pola colocación dun retablo que foi traído da igrexa do mosteiro de Santa María de Monfero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico brasileiro. Formouse como documentalista e iniciouse con dous filmes de carácter político Macunaíma (1969) e Os inconfidentes (1971). Máis tarde dedicouse á comedia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor brasileiro. Participou no movemento modernista do seu país e cultivou a poesía (Pau Brasil, 1925) e a novela (Marco Zero, 1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. En 1920 foi un dos promotores da escisión que deu lugar ao Partido Comunista de España (PCE). Separouse del no ano 1930 para converterse en membro da executiva do Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) e residiu en Barcelona dende o 1936. Entre 1939 e 1978 permaneceu exiliado en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e político angolano. Como expresión da súa faceta poética publicou en 1958 unha antoloxía da poesía africana de expresión portuguesa. A súa actividade política comezou en 1956, cando xunto con outros compañeiros fundou o Movemento Popular de Libertação de Angola (MPLA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e folclorista brasileiro. Foi un dos iniciadores do Modernismo no Brasil e, posteriormente, evolucionou cara a formas vangardistas. Ademais de novelas como Macunaíma (1928), deixou estudios e recompilacións de cancións e danzas brasileiras como Ensaio sobre a música brasilera (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción pacega levantada por D. Fernán Pérez de Andrade o Boo no ano 1371 e da que só se conserva a torre de homenaxe. Esta torre de planta cuadrangular e vans oxivais, sufriu a destrución das guerras irmandiñas para ser reconstruída por Diego de Andrade no século XV. Declarada Monumento Nacional Histórico Artístico no ano 1924, foi restaurada no 1974 e agora é sede da oficina municipal de Turismo de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre de homenaxe do que fora castelo de Fernán Pérez de Andrade, quen o mandara construír no 1396. Está situada na parroquia da Nogueirosa, a 309 m de altitude, e desde alí pode outearse todo o esteiro do Eume e a vila de Pontedeume ao seu carón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Perito e profesor mercantil. Foi profesor de Contabilidade Superior e Cálculo e de Custos de Produción na Escola de Mandos Intermedios da Cámara de Comercio de Pontevedra e presidente da Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra (1969-1973). Publicou O aforro e a inversión en Galicia (1973), O aforro e a inversión na Galicia: Unha aproximación ao capitalismo galego (1975) e Autonomía e necesidade de control do aforro galego (1979). Obtivo varios premios de ensaio sobre a situación económica de Galicia e colaborou en distintas publicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático ecuatoriano. Foi embaixador e ministro de Asuntos Exteriores do seu país en diversas ocasións. Como ensaísta traballou sobre temas literarios e políticos de signo socialista, e como poeta recibiu a influencia do simbolismo francés. Da súa produción poética destacan as obras: Estanque inefable (1922), La guirnalda del silencio (1926), Lugar de origen (1947). A súa obra recompilouse nos volumes Registro del mundo (1940) e Edades poéticas (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Condesa de Altamira. De familia nobre, escribiu poemas en galego e en castelán que se recolleron nun manuscrito da Biblioteca Nacional, hoxe perdido. Consérvase un soneto de loanza a La Araucana, de Alonso de Ercilla, datado posiblemente en 1578, que se incorporou á terceira parte do libro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático, fillo de Francisco Fernández de Costa e X conde de Lemos, marqués de Sarria e conde de Vilalba e de Andrade. Casou coa súa curmá dona Ana Francisca de Borja. Carlos II nomeouno vicerrei e capitán xeneral dos reinos do Perú no ano 1667. Patrocinou a construción da capela dos Desamparados de Lima, onde pediu que o soterrasen, aínda que despois o seu cadáver se trasladou á igrexa de San Pedro por mor do desmantelamento da citada capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora chilena. Formouse na Escuela de Bellas Artes da Universidad de Chile, da que foi profesora de escultura (1950). Ampliou estudios en París (1948) e Londres (1951). Na súa obra, realizada en pedra e madeira, evocou as manifestacións artísticas dos pobos amerindios. Entre as súas obras destacan Puerta del Sol (1976) e Signel (1988). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Concurso Internacional do Monumento ao Prisioneiro Político Descoñecido (Londres, 1952), o primeiro Premio de Escultura da VIII Bienal de São Paulo (1965), a Medalla do Congreso Nacional (1970) e o Premio Nacional de Arte (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e ensaísta. Licenciouse en Dereito e exerceu a avogacía. Da súa produción destacan, entre outras obras, Concepción Arenal y su obra (1907), Coruña benéfica en los siglos XVIII y XIX (1909), El venerable Barrantes, canónigo de Burgos. La beneficencia privada en el s XVII (1913), La obra poética de Concepción Arenal y su romancero Anales de la virtud (1920) e Concepción Arenal y los problemas sociales contemporáneos (1923). Foi cóengo honorario da catedral de Burgos, membro numerario da Real Academia Galega e correspondente das de Lengua, Ciencias Morales y Políticas e Bellas Artes de San Fernando. Recibiu a Gran Cruz de Beneficencia e a Cruz de la Orden Civil de Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Psicoloxía. Colaborador en diversas revistas literarias (Dorna e A Regueifa) e membro do consello editorial da colección de poesía Letras de Cal. Participou en diversos proxectos culturais, como o grupo de teatro Talía, o Batallón Literario da Costa da Morte ou o Colectivo Poético Un Medio.
    Publicou as obras Areados: na selva, pola tarde, ollando os tigres (Premio Miguel González Garcés, 1996), Poemas da cidade oculta (1996) e Teoría do lugar (1999), e os relatos “E a catro patas: quilómetros” (Premios Pedrón de Ouro Certames XVIII e XIX 1992 e 1993) e “Alguén matou a Bambi”, recollido no volume colectivo Historia da pusilanimidade e catro contos máis (1996). Outras obras son  Libro dos cans (2010), Decrúa (2003), Balea2 (2011) e Tirotea2 (2011)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista brasileiro. En 1920 trasladouse coa súa familia a Belo Horizonte, licenciouse en Farmacia e logo ocupou diversos cargos ligados á área de educación e cultura. Foi colaborador dos xornais Diário de Minas, Minas Gerais, Diário da Tarde, A Tribuna, A Manhã, Correio da Manhã e Folha Carioca. A súa obra, vangardista na literatura brasileira, caracterízase pola mestría construtiva e polo humor inciso. Destacan as súas obras Alguma poesia (1930), Brejo das almas (1934), Sentimento do mundo (1940), Poesias (1942), A rosa do povo (1945), Contos de aprendiz (1951), Lição de coisas (1962), Caminhos de João Brandão (1970), As impurezas do branco (1973), A paixão medida (1980), Corpo (1984) e Farewell (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e restaurador. Comezou a súa andaina artística como pintor e, dende 1871, dedicouse á restauración de monumentos. O ministerio de Instrução Pública nomeouno en 1884 delegado rexio para a conservación dos monumentos do Piemonte e a Liguria. Para a exposición de Turín de 1884 proxectou o burgo medieval do Valentino, onde reproduciu os monumentos da rexión do Piemonte e do Val de Aosta.

    VER O DETALLE DO TERMO