Andrade, pazo de

Andrade, pazo de

Construción pacega levantada por D. Fernán Pérez de Andrade o Boo no ano 1371 e da que só se conserva a torre de homenaxe. Esta torre de planta cuadrangular e vans oxivais, sufriu a destrución das guerras irmandiñas para ser reconstruída por Diego de Andrade no século XV. Declarada Monumento Nacional Histórico Artístico no ano 1924, foi restaurada no 1974 e agora é sede da oficina municipal de Turismo de Pontedeume.