andradita

andradita

(< antropónimo José Bonifáciode Andrada e Silva, mineraloxista e patriarca da independencia brasileira1765-1838)

s f [MINERAL]

Silicato de calcio e ferro, (SiO4)3Fe2Ca3, do grupo dos granates. Cristaliza no sistema cúbico, formando cristais informes e granulares; de cor parda, se ben tamén pode ser verde, incolora ou negra. Ten dureza 6-7,5 e peso específico 3,9. É un mineral típico de metamorfismo de contacto.