"Anu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1145.
-
-
Dise do tipo de código no que os signos son letras e cifras.
-
Aplícase aos teclados de maquinas que conteñen signos alfabéticos e numéricos.
-
Dise da combinación de letras e cifras e ás veces doutros signos que se empregan en informática, para ser utilizada como nome dun documento ou formar unha clave de acceso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que foi coñecido en Occidente o astrónomo Abu-l-’Abbas al Farġānī.
-
PERSOEIRO
Político. Deputado ás Cortes (1884) polo Partido Conservador e senador por Lleida (1898), Alcalde de Madrid (1900); Ministro de Finanzas (1901), de Instrución Pública (1902), de Agricultura (1903) e de Estado (1907). En 1919-1920 formou un goberno de coalición que se adheriu á Sociedade de Nacións, creou o Tercio de Estranxeiros e secundou o bloqueo dos aliados contra a Unión Soviética. Despois do asasinato de Eduardo Dato (1921) formou un novo goberno, pero as derrotas militares de Annual e Monte Arruit fixérono demitir.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista romántico brasileiro. Médico e funcionario, dedicouse ao periodismo ata a súa morte. A súa única novela Memórias dun sargento de milícias (1853), foi publicada por entregas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Membro fundador do grupo teatral A Farándula. Desenvolveu a súa carreira profesional no eido do deseño escenográfico e do figurinismo, colaborando con moi diversos grupos entre os que destacan Tranvía Teatro, Teatro do Malbarate, Teatro do Adro, A Factoría, Máscara Producións ou Uvegá Teatro. Entre os seus traballos, que salientan polo sintetismo e o uso imaxinativo dos recursos, cómpre subliñar Nau de Amores (1995), realización do Centro Dramático Galego, ou Amor de Don Perlimplín con Belisa no xardín (1998), produción de Teatro do Atlántico. Nesta última compañía traballa tamén como actor no espectáculo Xoana (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político castelán. Deputado (1854-1856), presidiu a comisión encargada da elaboración da Constitución do 1876. Como Ministro de Xustiza interveu na redacción do Código Civil (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nos anos vinte, publicou no semanario Heraldo Guardés a novela Alma Galaica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avogado e notario de Ribadavia. Nos Xogos Florais de Pontevedra do 1905 resultou premiado o seu estudo Ventajas e inconvenientes de los foros gallegos. Publicou, así mesmo, La prescripción de los foros después de promulgado el Código Civil (1899) e na Revista Jurídica (1914) “Redención de foros”.
-
PERSOEIRO
Escritor e político mexicano. Na súa narrativa, coa que acadou sona, tentou achegarse aos temas indíxenas mexicanos. Evolucionou cara ao Realismo, do que a novela El Zarco (1901) é o seu mellor expoñente. Expuxo as súas ideas liberais en El Correo de México, publicación da que foi un dos fundadores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e impresor. Casou en Madrid coa poetisa Concha Méndez (1931), xunto coa que editou revistas e coleccións de poesía facendo o labor de portavoz da Xeración do 27. Distinguiuse pola súa poesía elegante, na que se funden elementos cultos e barrocos xunto con outros populares e vagamente vangardistas en Las islas invitadas (1926), Ejemplo (1927), Soledades juntas (1931) e outros libros. Ao rematar a Guerra Civil Española (1939) exiliouse en Cuba e máis tarde en México, onde editou a colección de clásicos casteláns La Verónica. Escribiu algúns libros de poemas de estilo romántico. As súas Poesías Completas apareceron postumamente (1960). Tamén se dedicou ao cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e dialectólogo. Publicou, entre outros libros e estudios, El dialecto aragonés (1953), Estudios y ensayos de literatura contemporánea (1971) e Teoría lingüística de las regiones (1975). Foi membro da Real Academia Española de la Lengua Española (1974), da que foi director (1989-1992).
VER O DETALLE DO TERMO
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Antonio Álvares de Azevedo.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Despois de traballar como copista e no departamento do Tesouro de México, comeza a estudar pintura e música na Academia Nacional de Belas Artes de Cidade de México. Engordiño foi interesándose pola fotografía e pola arte indíxena mexicana. Ensinou fotografía na Escola Central de Artes Plásticas, no Instituto Cinematográfico Mexicano e no Centro Universitario de Estudios Cinematográficos. Traballou como cámara nos filmes Que viva México! (1930-1931) e Tehuantepec (1934). En 1931 recibiu o seu primeiro premio de fotografía. Ao ano seguinte expuxo individualmente na Galería Posada de México. Fundou o Fondo Editorial da Plástica Mexicana en 1959. En 1974 recibiu os premios Sourasky e o Nacional das Artes do Goberno de México. As súas exposicións percorreron medio mundo (México, Chicago, Nova York, Boston, Caracas, Francia, Milán, Londres, etc). Publicou os libros Manuel Álvarez Bravo (México, 1935), La pintura mural de la Revolución Mexicana (México,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grego (Salamanca 1727 - Madrid 1797) Escultor. Ocupou altos cargos como escultor oficial de Carlos III. Colaborou co arquitecto Ventura Rodríguez na Fonte de Apolo, en Madrid.
-
PERSOEIRO
Párroco de San Miguel dos Agros. Traduciu do latín a obra do cisterciense Antonio Andrés Krzesimowski Soledad de siete días: trato y conversación del alma con Dios, a quien aspira y a quien pretende unirse por medio de los Santos Sacramentos de Penitencia y Comunión (1761).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e dourador que traballa finais do século XIX. No ano 1898 encargouse de pintar o retablo colateral de Santa María de Vide (As Neves)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Pertenceu á Comisión dos 16, encargada da redacción do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Vencellado á Unión de Centro Democrático. Estivo presente na xuntanza o 10 de xaneiro de 1979 en Santiago no Pazo de Raxoi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Ocupou un cargo na Jefatura Provincial de Educación e Descanso de Pontevedra. Literariamente foi máis coñecido co pseudónimo Manuel de Ventosela. Publicou moitos dos seus versos na revista viguesa Vida Gallega, recollidos case que todos no volume Lágrimas del corazón (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e xornalista. Realizou estudios na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña. É unha das figuras máis destacadas da Xeración das Festas Minervais e autor dunha extensa obra poética cun pouso inequivocamente existencial e certo Socialrealismo, recoñecida e estudada por Xesús Alonso Montero, Basilio Losada Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Tarrío Varela, entre outros. Fundador nos anos cincuenta do grupo poético Amanecer. Ten colaborado en diversos libros colectivos e revistas, e participado en numerosos recitais poéticos. Comezou a súa andaina literaria no 1982 co libro Memoria dun silencio, séguenlle os libros Fértil corpo do soño (1985); Restauración dos días (1986); As voces consagradas (1992); As doazóns do incendio (1993); Habitante único (1997); Luz de facer memoria (Premio Miguel González Garcés, 1998). En castelán publicou Desnudo en barro (1983) e Cenizas en el salmo (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor de narrativa e teatro. Publicou a comedia Mientras haya flores (1900) e o libro De Vigo a Manila (1903). Segundo Couceiro Freijomil estreou con éxito as pezas Contra avaricia... largueza e Siempre huérfana.
VER O DETALLE DO TERMO