Álvarez Bravo, Manuel

Álvarez Bravo, Manuel

Fotógrafo. Despois de traballar como copista e no departamento do Tesouro de México, comeza a estudar pintura e música na Academia Nacional de Belas Artes de Cidade de México. Engordiño foi interesándose pola fotografía e pola arte indíxena mexicana. Ensinou fotografía na Escola Central de Artes Plásticas, no Instituto Cinematográfico Mexicano e no Centro Universitario de Estudios Cinematográficos. Traballou como cámara nos filmes Que viva México! (1930-1931) e Tehuantepec (1934). En 1931 recibiu o seu primeiro premio de fotografía. Ao ano seguinte expuxo individualmente na Galería Posada de México. Fundou o Fondo Editorial da Plástica Mexicana en 1959. En 1974 recibiu os premios Sourasky e o Nacional das Artes do Goberno de México. As súas exposicións percorreron medio mundo (México, Chicago, Nova York, Boston, Caracas, Francia, Milán, Londres, etc). Publicou os libros Manuel Álvarez Bravo (México, 1935), La pintura mural de la Revolución Mexicana (México, 1960), Photographs by Manuel Álvarez Bravo (Xenebra, 1977).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cidade de México