"Arad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 227.

  • Dise das aves ou outros animais que presentan pintas ou manchas de distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judet de Arad, Romanía, situada á beira do Mures (185.475 h [1996]). Centro agrícola, industrial e comercial. A cidade é romanesa desde 1920; antes fora posesión turca, austríaca e húngara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judet de Romanía (7.754 km2; 477.711 h [estim 1996]). A capital é Arad.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arar.

    2.   Terra labrada co arado.

    3. Porción de terra que se ara ou se pode arar nunha xornada.

    4. Melodías musicais de forma e estilo variado e mesmo heteroxéneo, son polo xeral de ritmo libre, pousado, de ictus achegado ao alalá. Unifícaos a vella función aludida no seu nome.

    5. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘carta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento agrícola que vai abrindo sucos na terra, labrándoa e preparándoa para sementar, ao mesmo tempo que vai quitando as malas herbas. O seu emprego remóntase ao Neolítico e coa romanización aumentou o seu uso por mor do desenvolvemento do cultivo do chan; dende entón sufriu moi poucos cambios. Cómpre facer unha pequena diferenciación entre o arado tradicional, de pao, chamado arado romano, e o de ferro, que tendeu a substituír o anterior por ser moito máis perfeccionado, acadando máis profundidade, volteando mellor a terra e ofrecendo así mesmo máis facilidade de manexo. Está formado polas seguintes partes: rabiza, rostro, abeacas, meixelo, rella de ferro, timón, chavella, teiroa e seita, amais doutras que son simples variantes empregadas nas distintas comarcas galegas. Na tradición recóllense refráns como: “O arado, rabudo; o labrador, barbudo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de ferro do arado que se crava na terra e vai facendo os sucos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ara.

    2. Ácaro parasito que produce a sarna.

    3. areixa.

    4. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘carteiro’.

    5. Termo do barallete, xerga dos afiadores ou paraugueiros, que corresponde ás voces ‘carta ou pluma para escribir’.

    6. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘escritor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arar.

    2. Labor ou tarefa de labrar a terra co arado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecanismo, incorporado na maioría das cámaras, que retarda a acción do obturador dunha cámara fotográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sopro de aire, de bafo ou doutro gas.

    2. Cheiro intenso e desagrable que exhala alguén ou algunha cousa.

    3. Hálito que cheira mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Industria do Paleolítico Superior (30000-25000 BP) dos montes Zagros de Iraq e Irán caracterizada pola presenza de perforadoras, raspadeiras en fociño, láminas de dorso e puntas de Arjenah. A súa correlación con outras industrias é problemática, pois non parece proceder do Musterense local e tampouco mostra afinidades co Antelense ou Emirense (industrias contemporáneas do Próximo Oriente), polo que se sinalou unha orixe caucásica; sen embargo, non se dubida que localmente evoluciona cara ao Zarzense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto numeroso de vermes ou outros bichos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de aire expulsado ao bufar.

    2. Golpe repetido de vento forte e violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que comparte con outra unha relación de amizade.

      1. Persoa que comparte con outra as mesmas ideas ou actividades nun partido político ou nun sindicato.

      2. Persoa que se dedica á mesma actividade que outra ou que forma parte do mesmo colectivo ou asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación cordial e amigable existente entre camaradas.

    2. Relación de cordialidade que se establece entre un grupo de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carádridos.

    2. Ave da familia dos carádridos.

    3. Familia da orde dos caradriformes, integrada por aves limícolas de tamaño medio, coas patas longas e delgadas; carecen de dedo posterior e, se o teñen, é moi rudimentario. Teñen o pico curto, recto e en punta. Pertencen a esta familia as avefrías e as píllaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás caradriformes.

    2. Ave da orde dos caradriformes.

    3. Orde de aves, ligadas a medios húmidos, da superorde dos neognados á que pertencen as familias dos álcidos, burínidos, carádridos, chionídidos, dromádidos, escolopácidos, esterocoráridos, falarópidos, glareólidos, hematopódidos, láridos, recurvirróstridos, rincópidos, rostratúlidos, tinocóridos e dos xacánidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pterodáctilos do Cretáceo, de ata 4 m de envergadura, dotados de mandíbulas estreitas e moi longas, e con dentes grandes e cónicos entrelazados. Os xacementos máis importantes están en Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO