"Ards" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 27.
-
PERSOEIRO
Arquitecto estadounidense. Formado na École des Beaux-Arts de París, en 1865 instalouse en EE UU onde cultivou o historicismo e utilizou o gótico nas igrexas (Springfield) e o Renacemento nos edificios comerciais (Agawan National Bank). Despois do proxecto da Trinity Church de Boston (1872-1877) iniciou o estudo unitario do espazo interior e dos volumes exteriores dos edificios, e simplificou os elementos decorativos. Os seus almacéns Marshall Field en Chicago (1885-1887), inspiraron a Escola de Chicago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, gravador e teórico da arte. Destacou como retratista (Alexander Pope) e polos estudos Essay on the Theory of Painting (1715) ou The Science of a Connoisseur (1719).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico inglés. Estudou a emisión electrónica dos metais incandescentes, analizada tamén por Saul Dushman, e estableceu a lei de Richardson-Dushman. Investigou o efecto fotoeléctrico e o espectro molecular do hidróxeno. Recibiu o Premio Nobel de Física (1928) polos seus estudos sobre o efecto termoiónico e pola lei de Richardson-Dushman.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Traballou na Cornell University de Ithaca (Nova York). Recibiu o Premio Nobel de Física (1996), compartido con D. Lee e D. Osheroff, polo descubrimento da superfluidez do helio-3.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista inglés. Impresor e home de negocios, escribiu o epistolario para xente letrada Letters Written to and for Particular Friends, on the Most Important Occasions (1741), co que inaugurou un estilo epistolar propio; Pamela or Virtue Rewarded (1740-1741), que o deu a coñecer en Europa, en parte a través da ópera de Picinni; La buona figliuola (1760), Clarissa (1747-1748) e Sir Charles Grandinson (1753-1754).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico inglés. Iniciador do free cinema con Mamma Don’t Allow (1956), realizou unha obra inspirada na realidade social, que reflectiu nos filmes Look back in Anger (1959), Tom Jones (1963; Oscar ao mellor filme en 1964) e The Charge of the Light Brigade (1967). Tamén filmou The Hotel New Hampshire (1984) e Blue Sky (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que expresa a variación da densidade de corrente de saturación J, producida nun cátodo termoelectrónico metálico, en función da súa temperatura absoluta T. Esta relación vén dada por J = AT2 e-b/T, sendo A e b unhas constantes propias de cada metal.