Richardson, Henry Hobson

Richardson, Henry Hobson

Arquitecto estadounidense. Formado na École des Beaux-Arts de París, en 1865 instalouse en EE UU onde cultivou o historicismo e utilizou o gótico nas igrexas (Springfield) e o Renacemento nos edificios comerciais (Agawan National Bank). Despois do proxecto da Trinity Church de Boston (1872-1877) iniciou o estudo unitario do espazo interior e dos volumes exteriores dos edificios, e simplificou os elementos decorativos. Os seus almacéns Marshall Field en Chicago (1885-1887), inspiraron a Escola de Chicago.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Saint James Parish, Louisiana

  • Deceso

    Lugar : Brookline, Boston