"Arno" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • PUNTA

    Punta da ría de Arousa, na súa beira meridional, que pecha polo L a enseada homónima. Está na parroquia de Vilalonga do concello de Sanxenxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote da beira meridional da ría de Arousa, na parroquia de Vilalonga, concello de Sanxenxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das asteráceas, de follas dentadas en mouta basal, talos floríferos inflados na parte superior, flores liguladas e amarelas, e aquenio sen lanuxe. En Galicia atópase a especie A. minima propia de solos salinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en francés. Cultivou a poesía, o teatro, o ensaio, etc, pero sobre todo a novela, dotada dunha grande imaxinación. Cómpre salientar as súas obras Indide 33 (1921) e Le siège de Syracuse (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Arnoia. É un moderno complexo balneario-hosteleiro inaugurado en maio de 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito venezolano de ascendencia española. Relixioso xesuíta, considérase un dos mellores críticos literarios do país. É autor, entre outras obras, de En torno al centenario de Marcelino Menéndez Pelayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bastarnos.

    2. Individuo dun pobo xermánico escandinavo. No s II a C os bastarnos dominaban un territorio que abranguía dende o Alto Vístula ata o Baixo Danubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Estudiou na Royal Academy of Music de Londres. Influenciado por Yeats, a súa obra inspírase no Romanticismo e está influenciada polo folclore irlandés e misticismo céltico. Da súa produción destacan: The garden of fand (1916), November woods (O bosque de novembro, 1917) e Tintagel (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista inglés posvitoriano. Influído por Flaubert, partiu da escola costumista, á que uniu observación e un humor benévolo pero escéptico. É autor de obras de construción moi elaborada, entre elas, Anna of the Five Towns (Ana das cinco cidades, 1902) e These Twain (Eses dous, 1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor suízo. Formouse en Düseldorf, Xenebra, París e Roma, onde residiu impresionado pola cultura italiana (1850-1857). Exerceu, despois o seu maxisterio en Weimar (1860-1862), e posteriormente estableceuse en Italia. Admirador do Veronese e de Rubens, foi un romántico tardío, amante das paisaxes misteriosas e de mitoloxías; a súa obra é tan pronto melancólica como macabra. Influíu moito no seu tempo, sendo o representante da síntese xermano-latina. O seu prestixio vén dado pola obra Pan entre xuncos (1857). Destaca tamén a súa obra Illa dos mortos, da que fixo seis versións dende 1880, inspirando incluso composicións musicais (Max Reger e Sergej Vasil’evič). Influíu sobre a pintura metafísica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor alemán. Pertenceu á escola de Belas Artes de Düsseldorf. Instalouse en Francia no 1926 e gañou o Premio de Roma no 1932. Dende o ano 1935 foi o escultor oficial do Terceiro Reich, realizando estatuas colosais que tentaban revivir o clasicismo do Imperio Romano e glorificar a raza aria. Decorou o estadio olímpico de Berlín en 1936. En 1963, trala Segunda Guerra Mundial, instalouse en París, onde recuperou a súa antiga tarefa de retratista. Publicou as súas memorias no 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sada baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dinosauro da infraorde dos carnosauros.

    2. Infraorde de dinosauros do Xurásico e do Cretáceo que comprende as familias dos alosáuridos, ceratosáuridos, espinosáuridos, megalosáuridos e dos tiranosáuridos. Moitos carnosauros eran de gran tamaño e de hábitos preeiros ou depredadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excrecencia ou eminencia carnosa, a miúdo patolóxica, localizada na superficie dunha estrutura anatómica.

    2. Grosor excesivo da carne nalgunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está formado por carne.

    2. Que presenta carne en abundancia.

    3. Aplícase ao órgano vexetal brando, suculento e con moito zume.

    4. Que ten a cor e a consistencia da carne muscular, como consecuencia da carnificación.

    5. Aplícase ao viño que ten corpo e firmeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso cíclico simple realizado por unha máquina térmica ideal, chamada máquina de Carnot, creada por Nicolas Léonard Sadi Carnot en 1824. Consta de catro partes: na primeira, o sistema efectúa unha expansión isotérmica ao tomar calor dunha fonte e producir traballo exterior; despois pasa por unha expansión adiabática, que xera traballo exterior coa conseguinte diminución de temperatura; a continuación experimenta unha compresión isotérmica, expulsa calor ao exterior e recibe traballo; finalmente sofre unha compresión adiabática, recibe traballo e o conseguinte aumento de temperatura. É o ciclo teórico ideal no que se basean todas as máquinas térmicas, e calquera ciclo pode reducirse a unha combinación de ciclos de Carnot infinitesimais. A miúdo, o ciclo de Carnot utilízase percorrido en sentido inverso, como o realizado pola máquina frigorífica de Carnot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De orixe cubana, reside en Vigo. Autodidacta de formación, dedícase principalmente á acuarela e a súa temática céntrase nas mariñas. Entre as súas obras destacan Puerto e Tarde de lluvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado francés, fillo de Lazare Nicolas Carnot. Seguiu as teorías de Saint-Simon, en 1839 foi elixido deputado e converteuse nun dos líderes do partido republicano. Despois da Revolución de 1848 foi ministro de Instrución Pública, pero dimitiu debido á oposición que provocaba a súa actitude desfavorable respecto á laicización das escolas. No 1864 participou no corpo lexislativo do Segundo Imperio e foi senador vitalicio na Asemblea Nacional desde 1871.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar francés. Coñecido como o Gran Carnot, no 1791 foi elixido deputado da Asemblea Lexislativa e despois da Convención. En 1793 foi nomeado membro do Comité de Salvación Pública e dirixiu as operacións militares encamiñadas a salvar a Revolución das coalicións das potencias europeas. Durante o Directorio, do que foi elixido membro no 1795, opúxose a Barras e tivo que marchar ao exilio no ano 1797. Foi ministro de Guerra no 1800, pero durante o Imperio amosouse contrario ao poder persoal de Napoleón e dedicouse aos estudios matemáticos. En 1814, ante a inminente invasión de Francia, púxose ao servizo de Napoleón e defendeu Anveres. Foi ministro do Interior durante os Cen Días pero, coa chegada da Restauración, tivo que abandonar o país. Morreu no exilio. Escribiu Géométrie de position (Xeometría de posición, 1803) e De la défense des places fortes (Da defensa das prazas fortes, 1810).

    VER O DETALLE DO TERMO