carnoso -sa

carnoso -sa

(< lat carnōsu)

  1. adx

    Que está formado por carne.

    Ex: Gústame beliscar a parte carnosa dos dedos.

  2. adx

    Que presenta carne en abundancia.

    Ex: Os seus beizos carnosos resaltaban pintados de carmín.

  3. adx [BOT]

    Aplícase ao órgano vexetal brando, suculento e con moito zume.

    Ex: As cenorias que recolleron eran carnosas e moi saborosas. Trouxen da tenda unhas mazás moi carnosas.

  4. adx [MED]

    Que ten a cor e a consistencia da carne muscular, como consecuencia da carnificación.

  5. adx [ALIM]

    Aplícase ao viño que ten corpo e firmeza.