"Arra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 638.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Teruel, Aragón, ao pé da serra de Albarracín e na beira do río Guadalaviar (1.061 h [1996]). Neste concello atópanse unha serie de abeiros rochosos pintados no estilo neolítico chamado ‘arte rupestre levantina’; salientan as representacións de touros de gran tamaño, de escenas de caza e de danzas femininas. Cidade romana, cabeza do reino musulmán da Taifa de Albarracín e do bispado. Conserva murallas árabes de comezos do s XI, reformadas no XIV. Arquitectonicamente destaca a igrexa de Santa María (s XVI). O tesouro da catedral do Salvador (s XIII) posúe unha colección de tapices de Bruxelas (s XVII) e ourivería de épocas diversas. A cidade foi declarada Monumento Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Macizo da Península Ibérica, que forma parte do Sistema Ibérico. Culmina no pico Caimodorro (1.921 m), e separa os vales do Guadalaviar e o Xúcar. Trátase dun nó hidrográfico importante (Texo, Xúcar, Guadalaviar, Xiloca). Ten carballos de folla pequena e aciñeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno reino de taifa constituído no s XI ao redor da cidade de Albarracín, no S de Teruel, O de Jérica e Segorbe e N da Taifa de Alpont; a capital quedaba no extremo SO do seu territorio. A finais do s X dominaba a rexión a familia bérber dos Banū Razīn, que lle deron o nome: Hu ḏ ayl ibn Halaf ibn Razīn (1012-1045) foi o conformador da taifa. O Cid fíxoa tributaria (1069) na loita con ‘Abd al-Malik ibn Hu ḏ ayl (1043-1103). A rápida decadencia almorávide perante o pulo almohade fixo que, a pesar da subxección, Albarracín continuase a manter unha certa personalidade política. Na segunda metade do s XII dependía aínda de Ibn Mardaniš (1152-1172) de València. A actividade construtora dos Banū Razīn amósase na sólida muralla.
-
-
Disposición de follas e ramas moi atuídas que se poñen nas adegas e casas para evitar que entre o sol.
-
alado de terra ou pedra que impide a entrada nun campo.
-
Tipo de cuberto rústico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Monforte de Lemos. As súas armas levan sobre campo de azur, torres na muralla da fortaleza.
-
PERSOEIRO
Médico cubano. Estudiou medicina en Barcelona e exerceu en París. Foi un dos creadores da uroloxía moderna e instaurou a proba diagnóstica de secreción renal que leva o seu nome (proba de Albarrán).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proba que permite apreciar a secreción de cada un dos riles despois dun cateterismo ureteral e da inxestión dun volume determinado de auga con finalidade diagnóstica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigamente, torre alén dos muros dun lugar fortificado. Servía para a defensa e como atalaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Matogueira de talos de ata 1 m de longo, a miúdo colgantes, de follas alternas, ovadas, glabras, de cor verde cinsenta, xeralmente con espiñas estipulares na base dos peciolos; de flores brancas ou lila pálido, zigomorfas, tetrámeras de ovario súpero, situado na parte superior dun xineceo e de froitos en baia. Tanto os abrochos florais coma os froitos son comestibles; consúmense como aperitivo e como condimento despois de adobalos con vinagre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de alcaparras.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, á dereita do Segre (4.715 h [1996]. Agricultura (cebada de regadío, árbores froiteiras, alfalfa, trigo e hortalizas) e gandería (porcino, bovino, ovino e avícola). Balneario de augas cloruradas sódicas ferruxinosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
asilla de barro poroso e pouco cocido, que ten a propiedade de deixar expeler certa cantidade de auga, enfriando a maior parte do mesmo líquido que queda dentro.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Lleida (2.947 h [1996]). Ten cultivos de árbores froiteiras, cereais, oliveiras, alfalfa e hortalizas. Amais conta con gandería e industria téxtil. Ten unha igrexa románica, con fachada barroca, pertencente ao s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Artefacto de guerra de orixe árabe, con forma de trabuco empregado para disparar pedras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente de vidro, de barro ou, excepcionalmente, de metal provisto de diferentes bocas para esparexer a auga, chamado tamén marraxa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
emparrado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alfombra de fabricación artesá ou industrial, elaborada na bisbarra das Alpujarras. Caracterízase por un tipo de nó groso, pouco tupido e polo uso de temas tradicionais de deseño elemental e serial de filiación islámica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou La Alpujarra Comarca de Andalucía situada entre as provincias de Granada e Almería. É unha longa depresión entre Serra Nevada ao N e as serras de Contraviesa e Gádor ao S. Está drenada polos ríos Andarax, Guadalfeo e Adra. A máxima altura atópase no Mulhacén (3.478 m). As poboacións máis importantes son Trevélez, Capileira, Pampaneira, Lanjarón, Orgiva e a capital da comarca, Ugíjar. Son terras de viña, oliveiras, gandería ovina e minas de ferro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento dos mouriscos granadinos que tivo lugar nas Alpujarras (1568-1570). Entre o 1550 e o 1560, factores de carácter económico e xurisdicional fan que medre o descontento entre os mouriscos, minoría non asimilada por completo ás leis e usos casteláns. A pragmática de 1526 desencadea a revolta. Aben Humeya capitanea a revolta e Xoán de Austria derrota os mouriscos. Entre o 1569 e o 1570 uns 150.000 mouriscos foron dispersados polas comarcas de Sevilla, A Mancha, Extremadura, Castela e Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario creado polos concellos de Vigo e Mondoñedo en 1991, ano no que se lle dedicou a Álvaro Cunqueiro o Día das Letras Galegas, co propósito de homenaxear a memoria deste escritor e difundir a súa obra e o seu significado na cultura galega. Convócase bianualmente e nel poden participar novelas ou conxuntos de relatos inéditos, sempre que superen as cento cincuenta páxinas. O fallo do xurado faise público normalmente o 22 de decembro, data que coincide co nacemento de Cunqueiro. Está dotado con dous millóns de pesetas. Na súa primeira edición (1991) resultou premiado Xesús Rábade Paredes coa novela Branca de Loboso; en 1993 Alfonso Álvarez Cáccamo co volume de relatos Xente de mala morte; en 1995 Xavier Lama cos relatos de Os moradores da nada. Na edición de 1997, a cuarta, tívose que adiar o ditame por mor do gran número de orixinais presentados. O fallo deuse a coñecer o 28 de de febreiro de 1999, coincidindo co aniversario do falecemento de Cunqueiro,...