alcaparra

alcaparra

(< ár andalusí alkappára < lat cappăris < gr κάππαρις)

Nome científico: [Capparisspinosa, Fam das caparáceas]
s f [PLANTA/ALIM]

Matogueira de talos de ata 1 m de longo, a miúdo colgantes, de follas alternas, ovadas, glabras, de cor verde cinsenta, xeralmente con espiñas estipulares na base dos peciolos; de flores brancas ou lila pálido, zigomorfas, tetrámeras de ovario súpero, situado na parte superior dun xineceo e de froitos en baia. Tanto os abrochos florais coma os froitos son comestibles; consúmense como aperitivo e como condimento despois de adobalos con vinagre.

Palabras veciñas

alcanzable | alcanzar | alcanzar | alcaparra | alcaparral | alcaptona | alcaptonuria