alcaparra
alcaparra
(< ár andalusí alkappára < lat cappăris < gr κάππαρις)
s
f
[PLANTA/ALIM]
Matogueira de talos de ata 1 m de longo, a miúdo colgantes, de follas alternas, ovadas, glabras, de cor verde cinsenta, xeralmente con espiñas estipulares na base dos peciolos; de flores brancas ou lila pálido, zigomorfas, tetrámeras de ovario súpero, situado na parte superior dun xineceo e de froitos en baia. Tanto os abrochos florais coma os froitos son comestibles; consúmense como aperitivo e como condimento despois de adobalos con vinagre.