"Artur" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 68.
-
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo. Emigrado ao Río de la Plata, traballou como linotipista e xornalista en Montevideo. Alí comezou a súa obra vinculado ás correntes ácratas. Foi un dos inspiradores da editorial Mar, onde se publicou, en 1937, a súa tradución ao castelán de Os dous de sempre, de Castelao. Nos anos cincuenta trasladouse a Arxentina, onde continuou a súa militancia na Federación Libertaria Argentina e a súa actividade como escritor, da que cómpre subliñar a obra Argentina, hora cero, prohibida polo goberno militar do xeneral Onganía. En 1942 obtivo o Premio da Sociedad de Autores Teatrales del Uruguay pola comedia Estoy sola y te espero.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta e poeta. Doutor en Filoloxía hispánica, exerce como profesor de teoría e crítica literaria na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou Rafael Dieste e a súa obra literaria (1994), La teoría estética, teatral y literaria de Rafael Dieste (1997) e La descripción literaria. Traza fenomenológica y semiótico-hermenéutica (1999), ademais de múltiples artigos e estudios en revistas e publicacións colectivas. Preparou as edicións de Encontros e vieiros. Once charlas sobre plástica, teatro e literatura (1990), Fragua íntima (1926-1975) (1991) e Obras completas (Narrativa e poesía) (1995) de Rafael Dieste. No eido da creación poética deu ao prelo Sombra de unidade. Elexía e canon (1990), Pedra de Nadir (1995) e Momentum. Circungrafía (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estableceuse en Galicia en 1959. Formouse na Escuela de Artes y Oficios de Ávila e no Museo de Reproduciones Artísticas no Museo del Prado. Comezou a expoñer en 1969 e realizou, fundamentalmente, paisaxes estruturadas cunha xeometría case perfecta e cunha aparencia ríxida, pero solventada cunha paleta moi agresiva. Fundou con Falcón e Ferreiro o Grupo Eixo. Entre os premios que recibiu destacan a Medalla de Ouro da II Trienal Nacional de Arte de Santiago de Compostela de 1974 e a Medalla de Bronce da Bienal de Pontevedra de 1977.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Estudiou na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1966). Instalouse en Vigo en 1968, cidade dende a que desenvolveu a súa actividade profesional na construción e no urbanismo. Participou na organización do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), do que foi presidente da subdelegación de Vigo (1973-1975 e 1983) e decano-presidente (1986-1989). En 1999 nomeárono director do departamento de Obras do Consorcio da Zona Franca de Vigo e no 2000 director do departamento de Servicios Técnicos e Obras. Entre as súas obras destacan o centro psiquiátrico de Toén, o concello de Vigo, a escola de Enxeñería Industrial de Vigo, o centro de saúde de Codeseda e o centro técnico de Conservas do Peixe de Vigo (1995). Como urbanista realizou traballos de planificación en diversos concellos galegos. Desenvolveu tamén traballos de rehabilitación do patrimonio, entre os que sobresaen os realizados na igrexa do mosteiro de Santa María de Oia, na igrexa do mosteiro das Clarisas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor, político, escritor e xornalista. Comezou a súa actividade intelectual como colaborador de diversos xornais e revistas (El Pueblo Gallego, El País Gallego, El Sol, Política e Yunque). Fundou e dirixiu o semanario humorístico Don Claro, a revista de creación poética Resol e a editorial e librería Niké, en colaboración con Juan Jesús González, que deu ao prelo obras de Rafael Dieste, Antonio Ramos ou Manuel Fuentes Jorge. Baixo o selo Resol editou as primeiras obras de Álvaro Cunqueiro. Foi segundo secretario do Estatuto de Autonomía e, como tal, recibiu o encargo de levalo a Madrid para a súa aprobación en xullo de 1936. Durante a Guerra Civil foi comandante do Exército do Leste. Trala contenda exiliouse a Bos Aires, onde foi unha das figuras esenciais da recuperación cultural de Galicia. Fundou e dirixiu, en compañía de Luís Seoane, as editoriais Emecé, Nova, Botella al Mar, Dorna, Hórreo, Pomba e Camiño de Santiago, entre outras, que se converteron no principal medio difusor da...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Estudiou nas universidades de Madrid, Estrasburgo e París. En 1934 acadou a cátedra de Xeofísica na Universidad de Madrid. En 1939 exiliouse a Inglaterra, onde exerceu como profesor de física nas universidades de Manchester e Londres (1939-1953). Ao finalizar esta etapa volveu a España para recuperar a súa cátedra. Destacou polas investigacións no eido da meteoroloxía e do magnetismo terrestre, e no estudo das radiacións cósmicas, materia que introduciu en España. Perfeccionou numerosos aparellos de medición que empregou nos seus experimentos. En 1958 foi nomeado académico numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e hispanista italiano. Foi profesor da Universidade de Innsbruck e catedrático de Literatura Alemana na de Turín (1907). Da súa produción destaca Die Beziehungen zwischen Spanien und Deutschland in der Literatur (As relacións entre España e Alemaña na literatura, 1892), Dante, Petrarca, Boccaccio in Spagna (Dante, Petrarca e Boccaccio en España, 1905-1906), Il romanticismo nel mondo latino (O romanticismo no mundo latino, 1927) e Italia e Spagna (Italia e España, 1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gran abundancia de algo, ás veces excesiva. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fartura sete faltas disimula. Coa fartura calquera pobre atura. Non peca de gula o que nunca tivo fartura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
farturento.
-
-
-
Que ten ou denota abundancia e fartura.
-
Aplícase ao terreo que se dedica ao cultivo e é moi fértil
-
Aplícase aos alimentos que nutren moito.
-
-
Que dá do que ten con xenerosidade, especialmente falando de comida.
-
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Real Academia de San Fernando de Madrid e foi mestre do Rei Carlos de Portugal. Cultivou a paisaxe, próxima ao realismo de C. de Haes, o retrato, baseado no debuxo e no que captaba a psicoloxía das personaxes, e a pintura de historia. Da súa obra, destacan María Pita, Defensa de Lugo, Confurco, Na eira e Mariña. A súa obra está presente, por exemplo, na Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e na Deputación da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e poeta alemán. Realizou pinturas murais en Bremen. No eido da literatura destaca Adalberto de Bremen (1873) e Juan Meslier (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo. Foi profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e administrador único de Arqdis, SL. Colaborador do Boletín Académico da ETSA da Coruña, Obradoiro e Revista da Comisión Galega do V Centenario, escribiu Los orígenes de Compostela (1987), Fragmentos renacentistas (1997) e Voces de la ciudad (1998). Foi finalista do Premio de Periodismo Arquitectónico e do Premio Planeta 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político arxentino. Líder dos radicais intransixentes, foi elixido presidente en 1958, e foi derrocado por un golpe de estado militar en 1962.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista visual. Realizou instalacións nas que os distintos materiais, metais, motores, cables, plastilina, cristal e outros, realizan un diálogo co medio nos que están inscritos por medio destes, como A máquina que debuxa o infinito (1998), e dos sons, como Concerto para 6v. Opus 00 (1999). Participou, entre outras mostras, en ARCO 2002.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Produtor e director cinematográfico. Emigrou a Portugal de moi novo. Volveu a Galicia, onde estableceu un concesionario de automóbiles e unha liña de autobuses entre Ourense e Parada de Sil. A comezos da década de 1940 marchou a Madrid para traballar en Suevia films, empresa do seu irmán Cesáreo. Comezou a súa carreira con dúas coproducións con Llama Films Un fantasma llamado amor (1956) e Héroes del aire (1957), dirixidas por Ramón Torrado. A principios da década de 1960 fundou Arturo González P C. Nun primeiro momento produciu varias películas dirixidas por José Antonio Nieves Conde e iniciou unha longa relación profesional con Alfredo Fraile como produtor executivo. En 1963 conseguiu o contrato en exclusiva con Manolo Escobar, con quen fixo Los guerrilleros (P.L. Ramírez, 1963) e outros 17 títulos máis protagonizados polo cantante almeriense, algúns en coprodución con México e Panamá. Participou na produción de La muerte tenía un precio (S. Leone,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista italiano. De tendencias marxistas, militou no sindicalismo revolucionario. Ingresou no Parlamento como deputado independente en 1913. Foi ministro de Traballo (1920-1921) e exiliouse en Francia durante o réxime fascista. Trala recuperación da democracia formou parte do Senado. Escribiu diversas obras de economía e política.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo e profesor. Doutor en Filosofía e catedrático da Universidade de Vigo, está vinculado á Comisión Schelling de Múnic, da Academia de Ciencias de Baviera. Centrouse no estudo do idealismo alemán, no pensamento de Heidegger e na hermenéutica. Realizou numerosas edicións en castelán de filósofos alemáns como Schelling, Hölderlin e Heidegger. Escribiu Ensaios sobre Heidegger (1995) e Las Épocas de Schelling (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coordinador do Cuaderno de Cultura e membro do comité de redacción de La Voz de Galicia, traballou en La Región, foi redactor xefe de La Voz de Galicia e director de Ferrol Diario-El Norte de Galicia (1969-1981). Vicepresidente da Fundación Vicente Risco, o seu contacto coa cultura galega comezou no parladoiro cultural organizado por Vicente Risco en Ourense. Na súa obra, influída polo xénero fantástico e a ciencia fición, e marcada pola ironía e o sarcasmo, destacan o libro de contos Os dados de Deus (1994) e Só os mortos soterran os seus mortos (2001). No apartado do ensaio e a investigación cómpre salientar Ferrol diario. El Norte de Galicia. Agonía para unha expresión de seu (1993) e Ourense, cittá aperta (1999). Obtivo, entre outros, o premio Galicia de Xornalismo (1987) e o premio Julio Camba (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Foi presidente da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña. Realizou vivendas de protección e para marxinados, polo que gañou o Primeiro Premio de Arquitectura de Vivendas para Marxinados.
VER O DETALLE DO TERMO