"Atán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 92.
-
VER O DETALLE DO TERMO
albitorno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa no batán ou coida del.
-
PERSOEIRO
Político da Restauración. Fiel a Isabel II, foi elixido deputado polo distrito de Muros en 1864 e 1872. Oposto á Constitución de 1876, defendeu a de 1845.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da rexión de Luzón Central, na illa de Luzón, Filipinas (184.000 h [1990]). Importante porto pesqueiro e comercial na baía do seu mesmo nome, posúe industrias alimentarias e unha refinería de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático ucraíno. Estudiou en París e en Göttingen. Foi profesor e director do Instituto de Ciencias Matemáticas de Khárkov, profesor na Universidade de Leningrado e membro da Academia de Ciencias da URSS. Ademais dos seus traballos en teoría de funcións e ecuacións diferenciais, deu, xunto con Kolmogorov, unha axiomatización do cálculo de probabilidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar o 30 de xullo do ano 1000, preto de Calatañazor, na actual provincia de Soria, entre unha coalición de tropas navarras, leonesas e castelás dirixidas polo conde castelán Sancho García contra os musulmáns de Almanzor. Aínda que as tropas cristiás saíron derrotadas, a lenda converteu esta loita nunha desfeita musulmana.
-
GALICIA
Sindicalista. Responsable do Partido Comunista de España (PCE) na comarca do Bolo. Retornou en 1932 de Euskadi e dedicouse a actividades propagandísticas entre os traballadores do ferrocarril que se estaba a construír entre A Gudiña e Vilar de Barrio. Destacada oradora e organizadora, foi asasinada en agosto de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espada longa, dunha soa folla, usada antigamente polos samurais xaponeses.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Sicilia, Italia, situada no golfo de Catania e nos contrafortes do volcán Etna (339.271 h [1998]). É a segunda cidade máis importante de Sicilia polo seu número de habitantes. A base da súa economía é o porto, un dos de máis movemento de Italia, e o turismo, atraído polos balnearios da zona. Ten unha universidade, creada en 1434 por Afonso V de Aragón, cunha importante biblioteca. Fundada na segunda metade do s VIII a C, conquistárona os romanos no 263 a C e converteuse en colonia baixo o goberno de Octavio. Despois das invasións bárbaras quedou baixo o poder dos bizantinos (s VI), dos árabes (s IX) e dos normandos (s XI). No s XIV converteuse na sede do Parlamento siciliano. Durante os ss XIX e XX sufriu as consecuencias das erupcións do Etna e terremotos como o de 1963. Conserva o castelo de Ursino do s XIII. A maioría dos seus monumentos son obra de Vaccarini (1702-1768).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia, Italia, cun relevo dominado polo macizo volcánico do Etna (3.552 km2; 1.097.371 h [1998]). A súa capital é Catania. A gran fertilidade das súas terras favorece unha importante produción de viño, aceites e froitas. A industria está relacionada co gando lanar, vacún e caprino. Tamén se aproveitan os seus recursos mineiros, principalmente o xofre.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima e de Calabria, Italia, ao L do istmo de Squillace (96.975 h [1998]). Na industria destaca o sector químico. É un importante centro comercial, principalmente de viño, queixos e aceites. Fundada no s IX polos bizantinos, invadírona os sarracenos, normandos e anxevinos. Na época dos Borbóns entrou nunha decadencia que non superou ata o s XVIII. Tivo un papel moi importante durante as guerras napoleónicas e no Risorgimento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Calabria, Italia, drenada polos ríos Maida, Marepatamo e Messina (2.391 km2 ; 383.774 h [1998]). A súa capital é Catanzaro. Na súa economía destacan as exportacións de cereais, viños e aceite. En 1905 sufriu un terremoto que causou grandes perdas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave de 18 cm de lonxitude que se caracteriza por presentar o macho unha plumaxe xeral negra, agás a mitra e a parte superior das alas que teñen unha cor branca, e a caluga de cor amarela. A femia é de cor castaña con riscas máis escuras e coa gorxa e o peito brancos. Aliméntase principalmente de sementes, polo que pode afectar localmente a cultivos como o do arroz. É unha especie bulleira que se despraza en grandes bandos. Aniña nas praderías norteamericanas e pasa o inverno nas pampas sudamericanas.
-
-
Persoa que fala moito.
-
Persoa que promete cousas irrealizables ou cousas en favor de alguén e que non vai cumprir. Ex: Os máis dos políticos son uns charlatáns.
-
endedor, normalmente ambulante, que pregoa as calidades das súas mercadorías berrando moito. Ex: Hai tempo que non vexo polo lugar ningún charlatán dos que viñan antes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de charlatanear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falar moito e sobre asuntos sen transcendencia. Ex: Sempre os vexo charlataneando diante da taberna.
-
-
Calidade de charlatán. Ex: É sorprendente a súa charlatanería, se a atopas fortuitamente non te deixa tranquilo.
-
Cousas que di un charlatán, falsas ou carentes de valor. Ex: Xa estamos afeitos ás súas charlatanerías, pero nunca cumpre nada do que di.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen contrata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
frei (Vitoria s XVI - Madrid?) Monxe cisterciense. Doutor en Teoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, predicador xeral, e abade do Colegio de Alcalá de Henares. Foi nomeado por Filipe IV abade dos mosteiros de Iranzu, Fitero e La Oliva. Escribiu De traslatione episcoporum.
-
PERSOEIRO
Poeta búlgaro. Preocupado por problemas metafísicos, despois da instauración do réxime comunista (1944) foi marxinado pola crítica oficial ata os anos sesenta. Publicou os seus primeiros poemas nos anos vinte e destacan as súas obras Prozorec (1926) e Stichotvorenija (Poesías, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO