Catanzaro
Catanzaro
Provincia de Calabria, Italia, drenada polos ríos Maida, Marepatamo e Messina (2.391 km2 ; 383.774 h [1998]). A súa capital é Catanzaro. Na súa economía destacan as exportacións de cereais, viños e aceite. En 1905 sufriu un terremoto que causou grandes perdas.