"Atén" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 111.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Digno ou susceptible de ser atendido.
-
-
de atender.
-
Que lle foi dedicado algún coidado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa grega da sabiduría e da intelixencia, das artes e das ciencias, e dos dons da civilización en xeral. Ensina aos homes a arte de navegar, de fiar e de tecer. Filla de Zeus e de Metis, era tamén a deusa da guerra e das vitorias militares así como da paz, motivo polo que se representa con lanza e casco. Fidias esculpiuna, armada e de pé, nas estatuas colosais de Atenea Prómacos, situada no punto máis alto da Acrópole, e de Atenea Partenos, realizada en crisoelefantina, no interior do Partenón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Socio dun ateneo.
-
-
-
Asociación científica e literaria dedicada a elevar o nivel intelectual dos seus socios mediante discusións, conferencias, cursos e lecturas. O nome provén do templo dedicado a Atenea en Atenas e o Ateneo de Roma, e foi aplicado a diversas sociedades xurdidas en París na fin do s XVIII: Athénée de París (1785) e Athénée des Arts (1792). W. Scott e T. Moore fundaron en Londres a asociación The Atheneum (1824); A. Galiano e outros liberais fundaron en Madrid o Ateneo Científico e Literario (1820). En Galicia e América, fundáronse, entre outros, o Ateneo Ferrolán (1879), o Ateneo Científico, Literario y Artístico de La Coruña (1885), o Ateneo Cultural de Villalba (1934), o Ateneo de Galicia en México (1962) e o Ateneo de Pontevedra (1965).
-
Calquera asociación de carácter cultural.
-
Local onde ten a sede unha asociación cultural.
-
-
A aparición dos Ateneos e Círculos de Recreo como espacios de sociabilidade no tempo libre prodúcese no Estado español na primeira metade do século XIX, alentados pola burguesía e as capas artesáns. Non obstante , a “apropiación” deste espazo por parte do proletariado organizado, para desenvolver fóra das horas de traballo un xeito de cultura propia da clase obreira, acontece na segunda metade da pasada centuria. En Galicia, estas experiencias chegarán con moito retraso, na alborada do século XX. E, aínda que todas as correntes ideolóxicas do obreirismo botaron man deste tipo de sociedades, cómprelles aos anarquistas un maior esforzo e dinamismo no seu devir. De feito, a intensa actividade sindical dos ácratas tivo como compañeiras unha non menos teimuda propaganda do ideario, xunto con numerosas tentativas de divulgación cultural entendidas como un fin en si mesmas. Neste contexto cómpre situar o fenómeno dos diversos Ateneos Libertarios e Centros de Estudios Sociales animados pola militancia...
-
-
PERSOEIRO
Erudito de lingua grega. É recordado sobre todo pola súa obra O banquete dos sabios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín bilingüe aparecido en decembro de 1978 en Ferrol. Cambiou o seu nome polo de Ateneo Ferrolán. Informaba sobre as diversas vocalías do Ateneo da cidade: arqueoloxía, música, humanidades, teatro e artes, entre outras. Xunto a isto, incluía poesías de A. Martínez Barcón e Celso E. Ferreiro, traballos sobre o medio ambiente de D. Quiroga e sobre Manoel Antonio de X. M. Dobarro, nos seus distintos números. Tamén incluíron algunhas caricaturas de Siro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada na Coruña en 1885 para fomentar o estudo científico e literario. Nesta liña organizaba cursos académicos que duraban desde o 1 de outubro ata finais do mes de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade nacida na vila de Vilalba en 1934. Foi presidida por Sebastián Martínez Risco, escritor galego e presidente da Real Academia Galega. Esta institución desenvolvía unha serie de actividades vencelladas á cultura tales como a organización de conferencias -coa participación de Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Noriega Varela e Demetrio Méndez Curiel, entre outros-, xunto con concertos e recitais musicais, representacións teatrais, -alí estreouse a obra El poder de la conduta de Martínez Risco-, e bolsas de estudios para o Instituto Manuel Murguía da mesma localidade. Desapareceu no ano 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en México no ano 1962, divulgadora da cultura e lingua galegas nese país. Colaborou coa Universidade de México e produciu unha serie de programas de información cultural en Radio Metropolitana e Radio Universidad. Publicou tamén a revista Compostela. Nesta institución participaron numerosos intelectuais e políticos da sociedade mexicana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada no ano 1971 e presidida por Manuel Cabaleiro Goás. Entre as súas actividades destacou a organización de conferencias coa participación de González Seara, Aranguren, Camilo José Cela, Tierno Galván, Blanco Amor, Alonso Montero e Ramón Valenzuela. En 1974 organizouse unha homenaxe á figura de Castelao coa edición dun exemplar antolóxico da súa obra e unha exposición de pintura e escultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada o 25 de abril de 1965 cunha finalidade cultural. Organizou ciclos de conferencias coa participación de Xosé M. Beiras, Álvaro Cunqueiro, Torrente Ballester, etc. Xunto a estas, numerosas exposicións de pintura e escultura con obras de Conde Corbal, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano e Manolo Caballero, entre outros. Ao longo dos anos homenaxeou as figuras de Valle-Inclán, Miguel Hernández e o musicólogo Agustín Isorna Ríos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada polo Emperador Adriano cara ao 135 d C, cerca do foru, para a promoción das letras. Era o lugar de reunión de poetas e oradores, onde se realizaban cursos de Retórica, Xurisprudencia, Gramática e Filosofía. Denominada despois Escola Romana continuou o seu labor ata o s V.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada no 1879 baixo a presidencia de Manuel Estrada y Madán. Exerceu a súa actividade ao longo de diferentes fases ata 1936 (1879-1880, 1903-1917, 1931-1936) e, de forma continua, desde 1976. Esta institución presidida por Eliseo Zaera Ríos, desenvolveu diversas actividades culturais e lúdicas na cidade de Ferrol e na súa comarca. Organizou exposicións de artes plásticas, ciclos de cine e vídeo, conferencias, cursos de galego, solfexo, pintura, teatro ou encadernación. Entre os certames anuais destacan: Eidos, Feitura, Xoves Teatrais e o concurso de gaita galega Constantino Bellón, de ámbito internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada a finais do século XIX na cidade de Santiago. Foi presidida por Luís Rodríguez Seoane. Nela organizáronse conferencias coa participación de Alfredo Brañas e Vázquez de Mella. Publicou tamén a obra Os meus votos de Aurelio Ribalta.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación trisemanal aparecida o 3 de agosto de 1859 na Coruña e subtitulada “Periódico de intereses materiales, ciencias, artes y literatura”. Cesou o 11 de decembro dese mesmo ano. Editada por Domingo López, contiña as seccións: “Editoriales o Discursos”, “Crónica General”, “Crónica del país y de la capital”, “Sección satítica, literaria y mercantil” e “Anuncios”. A súa finalidade era informar sobre os últimos descubrimentos nos campos das ciencias, artes e letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Atenas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Atenas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Rodas s I a C) Escultor grego. Autor, xunto con Axesandre e Polidoro, do grupo escultórico de Laocoonte e os seus fillos, exemplo salientable da estatuaria helenística, malia estar realizado con carácter de relevo, predominando a visión frontal, contraria aos esquemas helenísticos de aprehensión espacial da obra de arte (multiplicidade de puntos de vista, desenvolvemento helicoidal, visualización en perímetro circular completo, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bloqueador cardioselectivo dos receptores β-adrenérxicos. Emprégase no tratamento da hipertensión.
-
-
Tentativa criminal contra a autoridade, contra un país ou contra alguén, xeralmente por motivos políticos.
-
Acto de carácter moral ou sen violencia física feito coa intención de danar gravemente algunha cousa.
-
Delito consistente no uso de violencia, ameazas e resistencia contra as autoridades, os seus axentes e os funcionarios públicos cando obran en execución das leis ou no exercicio das súas funcións. A maioría das lexislacións castigan estes feitos co fin de garantir unha eficaz execución da función pública e preveñen tipos agravantes do atentado en sentido propio ou en función da condición do ofendido.
-
Nome xenérico dos impedimentos matrimoniais de vínculo (existencia dun matrimonio anterior), de orde (quen está constituído en orde sagrada: sacerdocio ou diaconato) e de voto (quen está vinculado a un instituto relixioso por voto público e perpetuo de castidade).
-