Ateneo, El

Ateneo, El

Publicación trisemanal aparecida o 3 de agosto de 1859 na Coruña e subtitulada “Periódico de intereses materiales, ciencias, artes y literatura”. Cesou o 11 de decembro dese mesmo ano. Editada por Domingo López, contiña as seccións: “Editoriales o Discursos”, “Crónica General”, “Crónica del país y de la capital”, “Sección satítica, literaria y mercantil” e “Anuncios”. A súa finalidade era informar sobre os últimos descubrimentos nos campos das ciencias, artes e letras.