"Atari" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 69.
-
PERSOEIRO
Raíña de Navarra e condesa de Foix (1483-1513), filla de Gastón V de Foix e de Magdalena de Francia. Herdou Navarra e Foix trala morte do seu irmán Francisco I Febo en 1483. Casou con Xoán II de Albret (1484) e durante o seu reinado aumentaron as loitas entre beaumonteses e agramonteses. Isto facilitou a ocupación de Navarra por Fernando o Católico en 1512, que foi proclamado rei en 1513. Como consecuencia, Catarina converteuse en raíña da Navarra ultrapirenaica, cargo que ocuparía ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsarina de Rusia (1725-1727). Campesiña de orixe polaca, casou en 1712 con Pedro I o Grande, que a proclamou emperatriz consorte en 1724. Trala morte de Pedro (1725) continuou a súa política, axudada por Menšikov. En 1725 fundou a Academia das Ciencias de San Petersburgo e en política exterior uniuse un ano despois á liga austro-española contra Dinamarca e Gran Bretaña (1726).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
a Grande (Stettin, actual Polonia 2.5.1729 - San Petersburgo 1796) Tsarina de Rusia (1762-1796), filla do duque cristián Augusto de Anhalt-Zerbst. En 1745 casou co gran duque Pedro, herdeiro ao trono. Cando Pedro chegou ao trono en 1762, Catarina aproveitou o descontento da nobreza e promoveu o levantamento da garda imperial. Pedro III abdicou e retirouse ao campo, onde foi asasinado aos poucos días. Catarina, convertida en emperatriz, reforzou a efectividade do poder autocrático e modernizou as clases dirixentes de acordo cos principios da Ilustración: fundou escolas, protexeu as ciencias e as letras, favoreceu o establecemento de artistas estranxeiros en Rusia, mantivo contactos con Voltaire e Diderot, e promoveu a historia e a literatura, que ela mesma cultivou. En 1775 levou a cabo unha reforma administrativa, que se consolidou en 1785 coa creación de novas demarcacións territoriais e, por vez primeira, coa separación dos poderes executivo e xudicial. En política exterior...
-
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( 1543-1547 "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) . Foi a sexta esposa de Enrique VIII e, á morte deste, casou con Thomas Seymour "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( 1547 "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) . Estivo en contra das persecucións relixiosas. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso e conxunto de doutrinas dos cátaros. Ten a súa orixe no bogomilismo de Bulgaria, espallado a outros territorios, sobre todo a Occitania, onde os seus adeptos recibiron o nome de albixenses. O catarismo profesaba un dualismo procedente do maniqueísmo e do gnosticismo a través do bogomilismo. Predicaba o desprezo do corpo, rexeitaba o matrimonio e toda relación sexual, así como o consumo dalgúns alimentos. Os cátaros divídense en dous grupos: os perfectos e os crentes. Os primeiros seguen uns principios estrictos, mentres que os segundos normalmente reciben só o consolamentum (‘imposición de mans’) antes de morrer. Practicaban a “fracción do pan” e unha liturxia de pregaria e predicación. A súa xerarquía estaba composta por bispos, anciáns (presbíteros) e diáconos. Para erradicar este movemento, Inocencio III e os seus sucesores promoveron a predicación dos cistercienses e dos dominicanos, apoiaron a actividade da Inquisición, organizaron...
-
-
Persoa que nas cerimonias leva alzada a cola do manto dun rei, dos hábitos papais, da capa magna dos prelados, etc.
-
Persoa que segue servilmente a outra.
-
-
PERSOEIRO
Soprano. Debutou en 1775 e especializouse en composicións alemanas. Destacou na interpretación das óperas de Mozart Die Entführung aus dem Serail e Don Giovanni.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen paga un canon ou pensión, ou fai unha prestación censual en cartos ou froitos.
-
Que ou quen é, nas concesións enfitéuticas, titular do dominio útil ou posuidor da cousa dada en enfiteuse pola que percibe unha renda.
-
Relativo ou pertencente ao censo electoral ou á taxa de imposición necesaria para ser elector ou elixible, ou para exercer determinados dereitos políticos.
-
-
PERSOEIRO
Mecenas e muller do VII conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro e Portugal. En 1621 fundou o convento de San Xacinto de Monforte de Lemos e en 1622 o de Santa Clara de Monforte, onde ingresou como Catarina da Concepción, logo de enviuvar. Deixou en testamento 500 ducados para a creación dunha cátedra de Teoloxía no convento de San Xacinto e 300 ducados para a cátedra de Artes no de San Francisco, en Monforte de Lemos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
coarrendador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa á que se lle confire un beneficio ou un privilexio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa á que se lle legou algo xuntamente con outra ou outras.
-
-
Que ten ao seu cargo unha comenda.
-
Clérigo que recibía a garda, administración e goberno dunha diocese, igrexa, ou beneficio eclesiástico de forma provisional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se beneficia dun contrato de comodato. Ten o dereito de uso sobre a cousa entregada, pero non adquire os froitos nin se converte en titular dun dereito real. A súa obriga principal é conservar dilixentemente a cousa prestada, aboar os gastos ordinarios de conservación e devolver a cousa ao seu tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade petroleira española constituída en 1927 cun capital de 195 millóns de pesetas, subscrito polo Estado (31%) e por un consorcio bancario. Foi a empresa gañadora dun concurso convocado polo goberno de Primo de Rivera para o monopolio sobre a importación e manipulación industrial dos combustibles minerais líquidos. Concibida polo ministro de Facenda José Calvo Sotelo, dedicouse exclusivamente á venda e distribución do combustible por motivacións económicas e fiscais. Empregou as instalacións petrolíferas xa existentes, que foron expropiadas. Permitiu a creación, en 1929, da Compañía Española de Petróleos (CEPSA), coa que contratou o fornecemento e refinado de petróleo, e participou en Asfaltos Españoles S A, Butano S A, Petronor, etc. En 1984, incorporou como asociadas as refinerías públicas e privadas, e adquiriu en propiedade os activos da rede de distribución que pertencían ao Estado. A través da Empresa Nacional de Petróleos Petroliber e do Instituto Nacional de Hidrocarburos,...
-
-
Aplícase á persoa ou entidade á que lle está consignada unha cousa.
-
-
Axente destinado á venda dunha cousa, propiedade doutra persoa, nun prazo e prezo fixados previamente. Comprométese a entregar o prezo ao propietario ou a restituírlle a cousa e ten dereito a quedar coa eventual diferenza obtida do aumento do prezo da venda, no caso de que esta se conseguise.
-
consignatario de buques
Representante dunha empresa navieira nos portos nos que o buque fai escala. A relación que o une co navieiro pode ser de dependencia, ou ben actuar como comisionista, o que é máis frecuente. Deste xeito produciuse unha proliferación de empresas consignatarias de buques, coas que as navieiras contratan as tarifas que precisan. Realizan funcións relacionadas co transporte de mercadorías, descarga, tránsito e entrega das mesmas, e preparación de fretes. En Galicia, a importancia dos portos de mercadorías fixo posible a existencia dunha gama de empresas consignatarias, como Pérez Torres y Cía, Estibadora Gallega, Bonifacio Lagares, Corona Mar, Consignatarios de Buques Aluflet, Consiflet, Consignataria de Vigo, García Reboredo Hermanos ou Vasco Gallega de Consignaciones.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen rexeita sistematicamente ou está en desacordo co sistema establecido e non se integra nel.
-
-
Tribunal da curia romana constituído no s XIII para a sinatura das actas pontificias, como dispensas e beneficios. A reforma da curia, ordenada por Paulo VI en 1967, implicou a súa desaparición.
-
Cargo de datario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prelado que presidía a oficina da dataría na curia romana.
-
-
Aplícase á persoa ou entidade á que vai dirixido algo.
-
receptor.
-
Persoa a quen vai dirixida a acción expresada polo verbo ou en beneficio de quen se fai a acción indicada polo verbo (Dálle un agasallo a seu pai).
-