"Aude" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 102.

  • IGREXAS

    Igrexa mozárabe do s X situada na provincia de Soria. Capela cuberta por unha bóveda de canón, a nave é case cadrada. Dunha columna situada no centro da nave parten oito arcos cara ao muro como se fosen as follas dunha palmeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e fisiólogo. Foi axudante, no Collège de France, de François Magendie, a quen substituíu (1855) e profesor de fisioloxía experimental na Sorbonne (1854). Considérase o pai da Fisioloxía moderna. Os seus estudios capitais versaron sobre as funcións dixestivas: estableceu que o zume pancreático interviña activamente na dixestión de graxas, descubriu a función glicóxena do fígado e puido illar por vez primeira o glicóxeno. Introduciu os conceptos de secreción interna, medio interno e metabolismo, e a idea de determinismo biolóxico. Descubriu o papel do nervio pneumogástrico na respiración e a función vasomotora do sistema simpático. Entre as súas obras cómpre destacar Introdution à l’étude de la Médicine expérimentale (Introdución ao estudo da Medicina experimental, 1865) e Principes de Médecine expérimentale (Principios de Medicina experimental, 1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Colaborou con Lavoisier na reforma da nomenclatura química e entrou en controversia con Proust, defendendo equivocadamente a combinación de elementos en proporcións arbitrarias. Descubriu as propiedades decolorantes do cloro e o clorato potásico. En 1789 acompañou a Napoleón a Exipto e, posteriormente, foi nomeado conde. Escribiu a obra Essai de statique chimique (Ensaio de estática química, 1803).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Destacou como xornalista colaborando coa revista Variety. Despois de traballar para a Paramount na creación de diálogos, exerceu como director en diversos filmes: The saxon charm (O home irresistible, 1948), Stella (1950) e Here come the girls (Aquí chegan as rapazas, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés. Profesor do Collège de France (1949), foi director da revista Annales, Sociétés, Économies, Civilisations (1946) e presidente da VI Sección de la École Pratique des Hautes Études ata 1972. Fundou nos anos sesenta a Maison des Sciences de l’Homme e dirixiuna ata 1985. En 1983 foi nomeado membro da Academie Française. Entre as súas obras cómpre salientar La Méditerranée et le monde méditerranéen à l’ époque de Philippe II (O Mediterráneo e o mundo mediterráneo na época de Filipe II, 1949 e 1973), Civilisation matérielle et capitalisme, XV-XVIII siècles (Civilización material e capitalismo, 1967, 1977 e 1983) e La Méditerranée (O Mediterráneo, 1949). Os seus artigos foron recollidos en La Historia y las ciencias sociales (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida na Coruña en novembro de 1988. Contaba coa colaboración de Ramón Veras Castro, Xoán Cons Pintos e Xoán Delgado Domínguez, entre outros. Contaba coas seccións “Editorial”, “Análise”, “Política sanitaria”, “Temas a debate” e “Revista de prensa”. De tendencia nacionalista, buscaba informar e divulgar novas e opinións no eido sanitario galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista cinematográfico francés. Colaborou en numerosos filmes con Luis Buñuel. En outubro do 2000 impartiu un curso de guión na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Aplicou a súa ironía a diversos guións de destacadas películas como Milou en mai (Milou en maio, 1989), de L. Malle; Taking Off (Atractivo na distancia, 1971) e Valmont (1989), de M. Forman; Die Blechtrommel (O tambor de folla de lata, 1978), de V. Schlöndorff; Danton (1982), de A. Wajda; Max mon amour (Max, o meu amor, 1986), de N. Oshima; The Unbearable Lightness of Being (A insoportable levidade do ser, 1987), de P. Kaufman; e Cyrano de Bergerac (1990), de J. P. Rappeneau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situada ao L da provincia, no límite con Alacant (8.765 h [1996]). Na agricultura, os principais cultivos son a viña, as oliveiras, as patacas e o millo. A base da economía nos últimos anos é o sector dos transportes e a produción téxtil de cánabo, esparto e fibra vexetal. Foi o emprazamento de diversos pobos como os tartesos, os fenicios e os romanos, que deixaron a súa pegada na Via Augusta e Pretoria que cruzan o termo. Nel celébranse as festas de moros e cristiáns, declaradas de interese turístico. Entre os seus monumentos destaca a igrexa de Santa María Catalina, de estilo gótico e renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tronco das palmeiras.

    2. Cepa leñosa dunha planta perenne persistente e xeralmente subterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Adscrito á Nouvelle Vague, comezou a súa andaina de dirección con Le beau Serge (O fermoso Serge, 1958), Landru (1962), Les biches (As cervas, 1967) e Juste avant la nuit (Ó anoitecer, 1971). Parte da súa obra inclúe a análise de asuntos policiais da burguesía: Folies bourgeoises (Loucuras burguesas, 1976), Le sang des autres (O sangue dos outros, 1983) e Poulet au vinaigre (Polo ao vinagre, 1985). Posteriormente, realizou Une affaire de femmes (Un asunto de mulleres, 1988), Madame Bovary (1991), Betty (1992), L’ Enfer (O inferno, 1994), La céremonie (A cerimonia, 1995) e Rien ne va plus (Non vai máis, 1997), coa que obtivo a Cuncha de Ouro en San Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo. Ingresou na Académie des Sciences no ano 1731 polo seu traballo, realizado aos dezaseis anos, sobre liñas de dobre curvatura. En 1736 participou na expedición, dirixida por P. L. de Maupertuis, a Laponia, para medir un grao de meridiano. Defendeu a hipótese do achatamento polar do globo terráqueo, a consecuencia das medidas dos meridianos, e remarcou que a Terra está formada por capas que están máis achatadas canto máis afastadas estean do centro. En 1758 calculou a data de retorno do cometa Halley. Entre as súas obras cómpre destacar Recherches sur les courbes à double courbure (Investigacións sobre as curvas na dobre curvatura, 1731), Théorie de la figure de la terre (Teoría da figura da Terra, 1743) e Théorie de la lune (Teoría da Lúa, 1752).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Citólogo belga. Licenciouse en Medicina na Universidade de Liexa e foi un dos pioneiros en utilizar o microscopio electrónico e as técnicas de centrifugación no estudo da estrutura celular. En 1933 illou e analizou quimicamente por primeira vez un virus de ARN e determinou en detalle as características e as funcións dos orgánulos celulares. Foi director do Instituto Jules Bordet (1948-1972) e profesor e xefe do departamento de citoloxía da Universidade Libre de Bruxelas (1948-1969), onde fundou un laboratorio de investigación sobre o cáncer. En 1974, xunto con C. R. de Duve e G. E. Palade, recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro. Modificou, en 1906, o método Linde para a obtención de aire líquido e fíxoo máis económico. No ano 1910 os estudios sobre as descargas eléctricas en gases mostráronlle a posibilidade do seu uso en iluminación. Primeiro aplicouno só aos rótulos luminosos, pero cando, posteriormente, recubriu interiormente os tubos con substancias fluorescentes que emitían unha luz branca, a súa utilización estendeuse. No ano 1911 separou os compoñentes do aire por destilación fraccionada. En 1917 sintetizou amoníaco a partir do aire e do hidróxeno. Dende 1926 estudiou novas fontes de enerxía e construíu unha central oceanotérmica que aproveitaba as desigualdades de temperatura no fondo do mar para obter enerxía, pero non resultou rendible comercialmente. Foi membro da Académie des Sciences dende 1924. Polo apoio que lle deu ao goberno de Vichy durante a Segunda Guerra Mundial foi acusado de colaboracionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora francesa. Estudiou en París na Académie Colarossi. Na década 1883-1893 foi modelo no estudo de Rodin. Neste período, a súa obra recibiu a influencia de Rodin. A súa escultura acentuou o dinamismo das formas para subliñar a expresión e suxerir o movemento plasmado en obras como no Busto de Rodin (1888), O abandono (1888) e O vals (1899). Pertenceu á Société Nationale de Beaux-Arts de París (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático francés. Estudiou dereito e ciencias políticas. Entre 1893 e 1935 exerceu diversos cargos diplomáticos como cónsul (Nova York, Boston, China, Praga, Frankfurt e Hamburgo) e despois como embaixador (Rio de Janeiro, Copenhaguen, Toquio, Washington e Bruxelas). Iniciado literariamente dentro do círculo de Mallarmé, comezou a escribir dramas como Tête d’or (Cabeza de ouro, 1889) ou La ville (A vila, 1890), pero a partir de 1895 deixou de publicar por espazo de dez anos. Fíxose célebre trala publicación de Partage du midi (A metade do mediodía, 1905), obra na que se deixaba sentir a profunda mirada tráxica da existencia que caracteriza a súa escrita, na que tamén están as pegadas dos tráxicos gregos, do teatro oriental, que coñeceu durante a súa estadía como cónsul en Asia. En 1907 publicou Connaissance de L’Est (Coñecemento do leste), unha recolleita das súas experiencias en Asia, e volveu ao teatro cunha triloxía histórica -L’Otage...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sesquióxido de arsenio, de fórmula As2O3. É unha variedade rómbica da arsenita. Preséntase en cristais monoclínicos, tabulares e flexibles, semellantes aos do xeso. Está formado por alteración do arsénico nativo e do realgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alxeriano. En 1953 trasladouse a París, onde estudiou na École Normale Supérieure. Trala guerra de Alxeria, volveu a Francia en 1960 ao CNRS (Centro Nacional para a Investigación Científica) onde acadou o grao de doutor en 1962. Foi profesor na Universidade de París (1963) e no Collège de France (1973), onde formou un grupo de investigación sobre a captación e o arrefriado de átomos mediante láser. Por estes traballos compartiu con S. Chu e W. D. Phillips o Premio Nobel de Física en 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz teatral e cinematográfica. No ano 1934 obtivo o Oscar á mellor actriz por It Happened One Night (Aconteceu unha noite). Outras películas súas son Cleopatra (1934), Thunder on the Hill (Tempestade na montaña, 1951) e Parrish (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e gravadora, filla de Charles Collet. A súa obra distínguese polo figurativismo esquemático de trazo seguro e harmónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Con loanza. OBS: Emprégase para acompañar certas cualificacións académicas (apto cum laude). Dende 1998, se segue á cualificación de sobresaliente, expresa especial excelencia e opción a premio extraordinario (

    VER O DETALLE DO TERMO