Bernard, Claude
Médico e fisiólogo. Foi axudante, no Collège de France, de François Magendie, a quen substituíu (1855) e profesor de fisioloxía experimental na Sorbonne (1854). Considérase o pai da Fisioloxía moderna. Os seus estudios capitais versaron sobre as funcións dixestivas: estableceu que o zume pancreático interviña activamente na dixestión de graxas, descubriu a función glicóxena do fígado e puido illar por vez primeira o glicóxeno. Introduciu os conceptos de secreción interna, medio interno e metabolismo, e a idea de determinismo biolóxico. Descubriu o papel do nervio pneumogástrico na respiración e a función vasomotora do sistema simpático. Entre as súas obras cómpre destacar Introdution à l’étude de la Médicine expérimentale (Introdución ao estudo da Medicina experimental, 1865) e Principes de Médecine expérimentale (Principios de Medicina experimental, 1941).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Saint Julien, Rhône -
Deceso
Lugar : París